Artigos etiquetado ‘violencia de xénero’

Como xa sabedes o centro ten como tema central de traballo para este curso A MULLER como protagonista, co título “ELLA /ela/”. Pero ademais estamos a participar nun proxecto titulado VIOLENCIA ZERO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, e co asesoramento da profesora de Belas Artes , Mar Caldas. A última semana do trimestre pasado, foi presentado no auditorio do Rosal ao alumnado de Secundaria.

 

 

En ambos proxectos desexamos dar protagonismo ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.

Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos…) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres.

A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada.
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.

 

 

Respecta o meu NON

Publicado: 25 Novembro 2017 en Sen categoria
Etiquetas:,

O venres, 24 de novembro, celebramos no nos centro O Día da Violencia de Xénero…
Isto é o que opina o noso alumnado…
Respecta o meu NON!

Hoxe o alumnado de 4º da ESO do noso CPI quixo denunciar a crueldade e a dureza do sufrimento de moitas mulleres que son atacadas e asasinadas impunemente simplemente por ser mulleres.

Para iso realizaron unha montaxe na entrada do noso colexio e na Biblioteca utilizando un Mannequin Challengue no que reflectían diferentes situacións nas que se plasma a violencia á que están sometidas moitas mulleres.

Moitísimas grazas a todos e a todas por participar nesta actividade.

Aquí vos deixamos o vídeo no que se ve a actividade cando foi amosada a todo o centro educativo.

 

Hoxe, 25 de novembro quixemos achegar o noso gran de area para combater a violencia de xénero. Para iso realizamos unha exposición con libros que temos na nosa Biblioteca para así poder concienciar a comunidade educativa desta lacra tan presente na nosa sociedade.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

image

Hoxe é o Día contra a Violencia de Xénero. Desde o Recuncho da Mata queremos sumarnos á denuncia contra a violencia machista.

Non máis mulleres asasinadas.

 

 

 

Hoxe, 8 de marzo é o Día da Muller e dende aquí queremos compartir con vós esta data na que se reivindica a igualdade entre homes e mulleres. Como sabedes, a diferenza entre varóns e mulleres continúa a ser moi grande na actualidade. As mulleres continúan a ter soldos máis baixos, a coidar das persoas, a abandonar o traballo cando teñen fillos e a sufrir continuas agresións por parte das súas parellas. Aquí tedes un artigo onde se fala de toda esta desigualdade e un pequeno vídeo onde unha moza da vosa idade analiza a vida, o esforzo e o traballo da súa avoa e do seu avó.

No noso colexio quixemos contribuír a reivindicar esta data da man do carrabouxo, que coa súa retranca tan coñecida expón este tema dende un punto de vista crítico, pero tamén cunha dose moi fina de ironía. Así, colgamos unha serie de láminas feitas por el e cedidas polo IES O Mosteirón, de Sada.

DSC_0005DSC_0001DSC_0006DSC_0008DSC_0004