Artigos etiquetado ‘Vídeos’

O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa súa data de nacemento. Este ano preguntámonos: “Que sabemos en realidade sobre Rosalía de Castro?”

Propuxemos unhas preguntas sobre ela e preguntamos entre o alumnado e o profesorado a ver se somos expertos. Este é o resultado! Esperamos aprendades moito!

 

Primeiro  e antes de nada, queremos agradecer a participación de todo o alumnado. Moitas grazas e que isto siga medrando.

Xa tedes aquí os vídeos premiados no concurso.

Comezamos polo Primeiro Premio. Un vídeo realizado por Paula, Paulo e Javi, de 4º ESO B, que trata de algo moi común e que todos coñecemos. A Mata do porco!! Esperemos que vos guste:

Continuamos co 2º premio. Un telediario que narra a busca dun monstro. Ollo, porque por aí os andan!!

Aquí temos o 3º premio, feito por alumnado de 3º ESO A. Ollo coas noites de fin de ano!

E agora queremos facer unha mención especial a este vídeo realizado por Blas, Carlos, Alex e Rodrigo de 4º ESO A. Representa unha escena da vidacotiça calquera tarde no Rosal.Parabéns polo resultado