Mañá, 21 de xuño, representaremos a obra de teatro titulada “Elas”. Creada e interpretada polo grupo de teatro da Mata, composto por alumnado de secundaria. Haberá tres pases, un para primaria, outro para secundaria e un terceiro pola tarde ás 20:00h no auditorio de O Rosal ao que estades todos convidados esperamos que vos guste tanto como a nós facela!
Na xornada de onte, membros do club de lectura de Secundaria, do grupo de teatro e do voluntariado da biblioteca tiveron unha xornada de formación no uso da radio, impartida por Rede Espora.
A primeira parte consistiu nunha sesión conxunta na biblioteca onde aclararon conceptos radiofónicos, recibiron algún consello para o directo e practicaron a transmisión de mensaxes empregando a entoación axeitada.
A segunda parte foi máis práctica e técnica para a aprendizaxe do funcionamento real do alumnado. Aprenderon como funciona a mesa de mezclas e todos os pasos a seguir antes, durante e despois da gravación do programa.
Fixerónse tres quendas e abordáronse distintas estruturas:
Programa Bookcluber, a través do modelo de entrevista.
Os primeiros en participar no laboratorio da radio foron os compañeiros/as do club de lectura de Secundaria. Elaboraron un programa de entrevistas onde recomendaban libros.
Programa Radio Teatro, a través do modelo de dramatización
Doce alumnos/as do grupo de teatro “A Mata” interpretaron dúas escenas da obra que representarán ao final do curso. A obra ten como tema principal o proxecto de centro “ELLA” e se está a crear entre todos os integrantes do grupo de teatro.
Programa Potenciar a contorna, a través dun modelo informativo
Partindo da alfabetización documental e das competencias ALFIN/ AMI o alumnado de 6º de Primaria, que son axudantes da biblioteca, elaboraron un programa publicitario e informativo de O Rosal.
Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:
E recordamos que para escoitar os programas de A Voz da Mata, tedes que entrar na plataforma IVOOX , tamén accedendo directamente dende a web do cole.
O curso pasado, quedounos pendente a publicación da obra de teatro representada polo noso marabilloso grupo de teatro do cole. Todavía non temos o vídeo enteiro preparado, pero vos deixamos este vídeo con fotos do fantástico espectáculo co que estes rapaces nos sorprenderon.
O xoves pasado comezaron as clases de teatro no noso cole, que para quen non o saiba son os xoves de 16:30 a 18:30. Con que nos sorprenderán este ano? Polo de agora están investigando…
Mañá, 2 de Xuño de 2017, terá lugar a representación da obra de teatro titulada “Alis no espello“. Haberá tres pases. Dous pola mañá, para o alumnado do CPI, e un pola tarde ás 20:30h. Estades tod@s convidados a gozar deste espectáculo no auditorio do Rosal. A continuación deixámosvos o tríptico explicativo da obra.