Artigos etiquetado ‘Teatro no cole’

Mañá, 21 de xuño, representaremos a obra de teatro titulada “Elas”. Creada e interpretada polo grupo de teatro da Mata, composto por alumnado de secundaria. Haberá tres pases, un para primaria, outro para secundaria e un terceiro pola tarde ás 20:00h no auditorio de O Rosal ao que estades todos convidados esperamos que vos guste tanto como a nós facela!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

O xoves pasado comezaron as clases de teatro no noso cole, que para quen non o saiba son os xoves de 16:30 a 18:30. Con que nos sorprenderán este ano? Polo de agora están investigando…

Xa sabedes que o alumnado de 4º da ESO, de PDC  1 e de PDC 2 fixeron uns carteis no 1º Trimestre sobre os diferentes tipos de teatro e a historia do teatro galego ao longo da historia. Aquí tedes unha pequena mostra dos resultados. Aquí tedes  os enlaces para poder velos moito mellor

PDC 1

PDC 2

4º ESO