Onte inaguramos a nosa radio A Voz da Mata e queremos que vexades os vídeos que proxectamos durante o acto de inauguración da nosa radio.
A través da seguinte montaxe, mostramos como é A Voz da Mata e o traballo feito durante todos estes meses.
Tamén aproveitamos para presentar a sintonía e o noso logo. A sintonía é unha creación propia, composta por Xosé Manuel Méndez, mestre de Música de Primaria. Traballaron duro, el e mais os rapaces, para que a súa peza estivera interpretada polo alummado do centro.
O logo é, como sabedes, unha creación de Sara e Leo, de 3º da ESO. O nome da radio foi idea de tres alumnas de 2º de Primaria: Noa, María e Milena.
E xa como peche, proxectamos unha pequena montaxe para achegarnos á figura da nosa convidada.
Na xornada de onte, membros do club de lectura de Secundaria, do grupo de teatro e do voluntariado da biblioteca tiveron unha xornada de formación no uso da radio, impartida por Rede Espora.
A primeira parte consistiu nunha sesión conxunta na biblioteca onde aclararon conceptos radiofónicos, recibiron algún consello para o directo e practicaron a transmisión de mensaxes empregando a entoación axeitada.
A segunda parte foi máis práctica e técnica para a aprendizaxe do funcionamento real do alumnado. Aprenderon como funciona a mesa de mezclas e todos os pasos a seguir antes, durante e despois da gravación do programa.
Fixerónse tres quendas e abordáronse distintas estruturas:
Programa Bookcluber, a través do modelo de entrevista.
Os primeiros en participar no laboratorio da radio foron os compañeiros/as do club de lectura de Secundaria. Elaboraron un programa de entrevistas onde recomendaban libros.
Programa Radio Teatro, a través do modelo de dramatización
Doce alumnos/as do grupo de teatro “A Mata” interpretaron dúas escenas da obra que representarán ao final do curso. A obra ten como tema principal o proxecto de centro “ELLA” e se está a crear entre todos os integrantes do grupo de teatro.
Programa Potenciar a contorna, a través dun modelo informativo
Partindo da alfabetización documental e das competencias ALFIN/ AMI o alumnado de 6º de Primaria, que son axudantes da biblioteca, elaboraron un programa publicitario e informativo de O Rosal.
Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:
E recordamos que para escoitar os programas de A Voz da Mata, tedes que entrar na plataforma IVOOX , tamén accedendo directamente dende a web do cole.
O noso centro foi un dos vinte seleccionados para integrarse durante este curso no proxecto “Radio na biblio”. Unha iniciativa destinada a introducir un laboratorio de radio vinculado á biblioteca escolar en centros que forman parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares. O obxectivo é ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral e a alfabetización múltiple. O que aproveitaremos dende o equipo de normalización, potenciando o uso do galego.
Hoxe tivemos formación para o profesorado, impartida por Javier Prado Espiñeira. A primeira parte consistiu nunha charla sobre o funcionamento da radio e as posibilidades como ferramenta didáctica.
E a segunda metade foi máis práctica:
Coa axuda de Javier, montamos o equipo de radio.
Despois formamos equipos para realizar a nosa primeira proba de programa. E foi cando nos demos conta, que iso de ser locutor ou locutora non é tarefa doada…
Hoxe queremos recomendarvos un programa de radio que nos parece moi interesante: CIENCIA EN GALEGO!
Todos os domingos de 15:00 a 16:00 horas podedes escoitalo na Radio Galega. É un espazo de información científica accesible a todos os públicos, que conduce Manuel Vicente.