Artigos etiquetado ‘programa’

Hoxe queremos recomendarvos un programa de radio que nos parece moi interesante: CIENCIA EN GALEGO!

Todos os domingos de 15:00 a 16:00 horas podedes escoitalo na Radio Galega.  É un espazo de información científica accesible a todos os públicos, que conduce Manuel Vicente.

Coa marabillosa ferramenta que é internet, se non o podes escoitar a esa hora ou ese día, todos os podcast están subidos na web da radio galega http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/efervescencia

E tamén seguir o seu blog http://ww2.crtvg.es/mu/efervesciencia/

Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

O martes 7 de marzo comezamos a xogar a “Verbaliza sen preguiza”. Deixámosvos o enlace para ver a partida!