Artigos etiquetado ‘poesía’

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Entrega de diplomas aos seleccionados e seleccionadas no VIII Certame “Non Perdas a Palabra” 2.014 celebrado no Auditorio do Rosal en marzo.

 

 

Entrega de diplomas aos seleccionados e seleccionadas no VIII Certame “Non Perdas a Palabra” 2.014 celebrado no Auditorio do Rosal en marzo.

 

Aquí tedes o xornal realizado polos rapaces e rapazas de 5ºA  de primaria. O xornal ten como fío condutor os incendios ocorridos o pasado verán no noso concello. Como podedes ver hai noticias para todos os gustos: opinión, economía, dados, entrevistas, deporte, … até incluíron unha entretida sección de pasatempos.

A voz da Vida

Preme na imaxe para poder velo

Xa está aquí o VII Concurso de Non Perdas  a Palabra. Coma o ano pasado, seguimos cos contos e os poemas. A partir de varios comezos teredes que facer un conto ou un poema. Lembrade que tamén hai que facer un debuxo. Animádevos a participar. Grandes premios vos agardan.

Aquí tedes as bases:

Non perdas a palabra

Non perdas a palabra

(máis…)