Aquí vos deixo un tráiler da película que está a triunfar non só nos cines galegos, senón no mundo enteiro. O que arde, un filme de Óliver Laxe premiado xa en varios festivais.
Non perdades a ocasión de ir velo.
Aquí vos deixo un tráiler da película que está a triunfar non só nos cines galegos, senón no mundo enteiro. O que arde, un filme de Óliver Laxe premiado xa en varios festivais.
Non perdades a ocasión de ir velo.
Ola a tod@s!
Hoxe, dende o equipo de normalización do CPI Manuel Suárez Marquier, propoñemos un novo concurso para coñecer mellor a nosa lingua, “VERBALIZA SEN PREGUIZA”. Está baseado no popular concurso televisivo “password”.
Está dirixido a todo o alumnado do CPI, xa que haberá distintos niveis de dificultade.
Xógase por parellas. Facede os vosos equipos e anotádevos na folla que hai na vosa aula. Avisaranvos do día que sexa a vosa partida. (Xogamos nalgún recreo). Tentaremos retrasmitir, a través do noso facebook ou twitter, as partidas en directo.
O xogo consiste en adiviñar o maior número de palabras nun minuto. Un dos concursantes verá as palabras e poderá dar tres pistas ao seu compañeiro/a. Cada pista é unha palabra, polo que hai que elixilas ben.
A continuación deixamos un vídeo explicativo.
Sorte a todos e a pasalo en grande co galego!
Hoxe foi un día moi movido na Mata, e tamén tivemos a visita de Luis Carregal, que explicou aos alumnos de 4ºESO, os aspectos básicos para poder elaborar unha curtametraxe e pequenas nocións de edición.
Falounos de moitas cousas como dos covers, do ritmo na montaxe, os diferentes planos, do Scroll, do protocine do eixo no cinema… un feixe de datos que nos servirán para mellorar as nosas producións.
Xa case para rematar falamos da pantalla de chroma que é de cor verde. Quen se lembra de porque é desa cor?
Moitas grazas, Luis, por todo o que nos ensinaches.
Non sen tempo, botamos a andar o novo proxecto deste curso escolar. Podedes ver os detalles a continuación, Esperamos vos guste tanto coma a nós!