Artigos etiquetado ‘Ola Portas’

P1020503A principios de outubro realizamos unha visita a Portas. Pasámolo moi ben xa que foi un día moi completo. Primeiro estivemos nunha zona de muíños, logo fomos a unha antiga azucreira. Alí subimos a unha tremenda torre que tiña nada máis e nada menos que 70 longos metros!!!!!! Puidemos optar por subir no elevador ou subir a pé as 369 escaleiras que estaban por fóra rodeando a torre. As vistas dende arriba eran espectaculares. Logo visitamos o seu centro e comemos con eles no comedor. Foi moi divertido e a comida estaba moi rica. Parabéns ás cociñeiras.

Para rematar realizamos unha visita á veciña vila de Caldas. Alí tivemos que contestar unha serie de preguntas que tiñan que ver coa súa historia e os seus monumentos. Pasámolo moi ben. O mellor foi que non nos choveu ata que montamos no autobús. UUffff!!!! De boa nos libramos.

Foi un día moi divertido. Dende aquí queremos agradecerlle o seu esforzo para que o pasásemos tan ben.

Unha aperta e agardamos vervos pronto!!!

Aquí  tedes o enlace con todas as fotos

Como nos prometeran os nosos amigos de Portas xa nos contestaron. Aquí tedes o seu vídeo

Temos moitas gañas de coñecelos. O vindeiro ano producirase ese encontro tan desexado.

Unha aperta e ata entón!!! Gozade do verán!!