Artigos etiquetado ‘mulleres’

Xaneiro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, , , ,

Comezamos o ano no mes de xaneiro, con dúas mulleres que defenderon o pobo dos ataques alleos e representan a dignidade da muller.

María Soliño e María Balteira. Nos dous vídeos que tedes a continuación poderedes descubrir máis sobre elas.

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Camino Casabella estivo estas últimas semanas impartindo E. Plástica e Visual ao alumnado de Secundaria. Cando nos contou o proxecto que desenvolve, non quixemos perder a ocasión de compartilo a través do blog.
O seu labor consiste en dar a coñecer, a través da pintura, da cerámica e serigrafía, a mulleres reais, traballadoras e sobre todo ilustrar ás mulleres que loitaron polos seus dereitos ao longo da historia.
Moitos dos obxectivos do seu traballo coinciden coas liñas propostas do noso proxecto de centro ELLA.
Gracias por compartilo con nós. Alegrámonos de que haxa iniciativas como esta.

 

O día 9 de Novembro é o día internacional do inventor. Xa que seguimos co noso proxecto “ELLA”, gustríanos que coñezades mellor a Hedy Lamarr.

Non debemos esquecer que ademais hoxe sería o seu aniversario.

O alumnado de 2º ESO cóntanos o que saben desta actriz e inventora…