Artigos etiquetado ‘muller’

Sorrisos Trans*formadores

Publicado: 12 Xaneiro 2018 en ELLA
Etiquetas:, ,

A exposición fotográfica Sorrisos Trans*formadores xa se atopa nos andadeiros do colexio e poderá visitarse en horario de 9.00 a 14.00 horas. Permanecerá no centro ata o vindeiro venres, 19 de xaneiro.
Trátase dunha mostra de imaxes de persoas felices que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dunha frase ou idea que as identifica.

Como xa sabedes o centro ten como tema central de traballo para este curso A MULLER como protagonista, co título “ELLA /ela/”. Pero ademais estamos a participar nun proxecto titulado VIOLENCIA ZERO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, e co asesoramento da profesora de Belas Artes , Mar Caldas. A última semana do trimestre pasado, foi presentado no auditorio do Rosal ao alumnado de Secundaria.

 

 

En ambos proxectos desexamos dar protagonismo ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.

Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos…) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres.

A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada.
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.

 

 

Xaneiro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, , , ,

Comezamos o ano no mes de xaneiro, con dúas mulleres que defenderon o pobo dos ataques alleos e representan a dignidade da muller.

María Soliño e María Balteira. Nos dous vídeos que tedes a continuación poderedes descubrir máis sobre elas.

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!