Artigos etiquetado ‘lume’

Xa estamos aquí de novo, comezando este novo curso con moitas ilusións normalizadoras e moitas gañas de espallar a nosa lingua, non só polos recunchos do Rosal, senón tamén por todos os recunchos do mundo.

Antes de comezar é obrigado facer unha referencia aos lumes que houbo nestes días no noso territorio. Nós vivímolo moi de cerca, pois tanto en Oia coma no Rosal  o lume arrasou máis de 2ooo hectáreas de terreo. Os nosos montes foron aniquilados por esa forza da natureza que é o lume e que arrastra con el todo o que atopa por diante. O dano foi terríbel e cómpre reflexionar sobre o impacto  negativo que provoca. As zonas repoboadas do monte, as árbores autóctonas, a vexetación, os animais e especies que viven aí… todo foi destruído. Tardaremos moitos anos en volver estes montes tal e como os coñecemos.

Aquí vos deixamos un vídeo onde podedes observar o dano que ocasionou este lume, nunha das zonas máis fermosas do noso concello: os muíños do Folón e os muíños do Picón.

Dende o Equipo de Normalización Língüística queremos denunciar este atentado ecoloxista e queremos deixar constancia deste documento, por desgraza moi real, para que non se volva repetir.