Continuando coa antividade inciada polo día da lingua materna temos máis posters creados pola mestra Helena Vidal, que reivindican o uso da nosa lingua. Aquí os tedes!
Artigos etiquetado ‘lingua’
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Publicado: 26 Febreiro 2018 en Día de Rosal, Día de Rosalía, Día de Rosalía de Castro, Rosalía é mundial, Sen categoria, Sobre RosalíaEtiquetas:24 de febreiro, Día de Rosalía, Día de Rosalía de Castro, ELLA, lingua, Rosalía, Rosalía é mundial, Rosalía de castro, Vídeos
O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa súa data de nacemento. Este ano preguntámonos: “Que sabemos en realidade sobre Rosalía de Castro?”
Propuxemos unhas preguntas sobre ela e preguntamos entre o alumnado e o profesorado a ver se somos expertos. Este é o resultado! Esperamos aprendades moito!
Lingüeando coa lingua!
Publicado: 21 Febreiro 2018 en Día da lingua maternaEtiquetas:Día da lingua materna, galego, lema, lingua
Hoxe é o día da lingua materna, para celebralo vos convidamos a ensinar as vosas linguas como xa fixeron os profes e que escribades un lema en defensa da nosa lingua. O lema ten que ser curto como no exemplo que tedes a continuación.
Mañá 22 e o 23 de febreiro teremos a cámara lista para capturar as vosas linguas e os vosos lemas, no recreo, na entrada do colexio!
Grazas de anteman pola vosa colaboración!
Concurso de HAIKUS
Publicado: 25 Novembro 2017 en 25 de novembro. Violencia de xénero, Convocatorias, Día da violencia de xénero. Non ao maltrato, ELLA, O noso Proxecto, Para ler, Para verEtiquetas:galego, Haikus, lingua, muller, mulleres, non ao, poesía
Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!
Entrega de premios e reparto dos pousavasos
Publicado: 12 Xuño 2014 en Novas da linguaEtiquetas:lingua, Pousavasos
Como ben sabedes, xa repartimos os pousavasos polos establecementos do Rosal e algún de Oia. Aquí tedes unhas fotografías onde se ve primeiro, a entrega de agasallos ás gañadoras do deseño e logo o ben aproveitados que están eses pousavasos.
Un agradecemento especial á autoras do gañador.Agora, tedes que ir usalos.
Non me esteades nas verzas e gozade do verán!
O Falabén 2014
Publicado: 16 Maio 2014 en O FalabénEtiquetas:A nosa lingua, as nosas letras, concurso vídeo palabras, ENDL, expresións, lingua, palabras
Aquí tedes “O Falabén” deste ano, para que gocedes co galego dos máis pequenos e pequenas.
Correlingua 2014
Publicado: 14 Maio 2014 en Letras GalegasEtiquetas:A nosa lingua, as nosas letras, Correlingua. Festa das letras, lingua
Aquí tedes unha montaxe con imaxes dos nenos e nenas de terceiro de primaria que este ano participaron no Correlingua 2.014 celebrado en Tui baixo o lema : “GALEGO, O PASO ADIANTE!!”
A Voz da Vida – Aula Reporteira
Publicado: 16 Abril 2014 en Para ler, Para verEtiquetas:A nosa lingua, biblioteca, E agromará outro bosque, ENDL, lingua, palabras, poesía, xornal
Aquí tedes o xornal realizado polos rapaces e rapazas de 5ºA de primaria. O xornal ten como fío condutor os incendios ocorridos o pasado verán no noso concello. Como podedes ver hai noticias para todos os gustos: opinión, economía, dados, entrevistas, deporte, … até incluíron unha entretida sección de pasatempos.
Ben falado !!!
Publicado: 1 Abril 2014 en O Falabén, Para verEtiquetas:A nosa lingua, Alumnado do Rosal de 3º ESO, as nosas letras, concurso vídeo palabras, ENDL, expresións, lingua, palabras
Dende o Equipo de Normalización Lingüística querémosvos presentar unha nova sección adicada á nosa lingua: O Ben Falado !!!
Nesta sección atopaderes unha serie de vídeos de apenas uns minutos emitidos pola TVG sobre diferentes aspectos do galego: variedades dialectais, orixe das palabras, toponimia, curiosidades, ….
Esperamos que sexa da vosa utilidade.
CONCURSO “As nosas palabras”
Publicado: 15 Xaneiro 2013 en Novas da linguaEtiquetas:concurso, expresións, lingua, palabras
Atención a tod@s!!! Comeza un concurso que ten varias fases. Para poder acadar o premio final tedes que completar todos os pasos.
1ª FASE:
- Debedes comentar nesta entrada unha palabra e unha expresión en galego que vos guste moito, que vos pareza sonora, que vos traia lembranzas especiais.
- Tedes que explicar o motivo da vosa elección. Por exemplo: Eu gusto moito da palabra AXÓUXERE porque me resulta especialmente sonora.
- Tedes que identificarvos cando fagades a entrada. Isto é importante para a fase seguinte.
- A data límite para presentar as vosas achegas é o xoves, 31 de xaneiro.
Agardamos as vosas palabras!!!