PARABÉNS A TOD@S OS QUE CONTESTADECHES QUE NON. EFECTIVAMENTE NON É GALEGA! É DE CÁCERES.
TEMOS UNHA NOVA PISTA PARA VÓS!
ESPERAMOS AS VOSAS RESPOSTAS!!
SORTE! QUE MARUXA SABUXA VOS ACOMPAÑE!
PARABÉNS A TOD@S OS QUE CONTESTADECHES QUE NON. EFECTIVAMENTE NON É GALEGA! É DE CÁCERES.
ESPERAMOS AS VOSAS RESPOSTAS!!
SORTE! QUE MARUXA SABUXA VOS ACOMPAÑE!
Hoxe é o día da lingua materna, para celebralo vos convidamos a ensinar as vosas linguas como xa fixeron os profes e que escribades un lema en defensa da nosa lingua. O lema ten que ser curto como no exemplo que tedes a continuación.
Mañá 22 e o 23 de febreiro teremos a cámara lista para capturar as vosas linguas e os vosos lemas, no recreo, na entrada do colexio!
Grazas de anteman pola vosa colaboración!
Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!
Hoxe queremos recomendarvos un programa de radio que nos parece moi interesante: CIENCIA EN GALEGO!
Todos os domingos de 15:00 a 16:00 horas podedes escoitalo na Radio Galega. É un espazo de información científica accesible a todos os públicos, que conduce Manuel Vicente.
Coa marabillosa ferramenta que é internet, se non o podes escoitar a esa hora ou ese día, todos os podcast están subidos na web da radio galega http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/efervescencia
E tamén seguir o seu blog http://ww2.crtvg.es/mu/efervesciencia/
Esperamos que vos guste tanto coma a nós.
Bos días!
Este ano retomamos o concurso de curtametraxes, está dirixido ao alumnado de secundaria.
Pinchade no seguinte enlace para ver as bases do concurso.
PARTICIPA!!!