Artigos etiquetado ‘expresións’

Aquí tedes “O Falabén” deste ano, para que gocedes co galego dos máis pequenos e pequenas.

 

O equipo de Normalización Lingüística do CPI Suárez Marquier convoca un concurso para escoller un logotipo que estaría presente nas actividades do mesmo, nas comunicacións, na páxina web…

Buscamos un logo que nos represente !!!!

Premendo os seguintes enlaces tedes as bases para a elaboración do logo e unhas suxestións para a súa realización:

Bases para a elaboración do logo de Normalización

Pautas para a realización dun logo

 

https://i0.wp.com/www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Image/CABECEIRA%201.jpg

 

Dende o Equipo de Normalización Lingüística querémosvos presentar unha nova sección adicada á nosa lingua: O Ben Falado !!!

Nesta sección atopaderes unha serie de vídeos de apenas uns minutos emitidos pola TVG sobre diferentes aspectos do galego: variedades dialectais, orixe das palabras, toponimia, curiosidades, ….

Esperamos que sexa da vosa utilidade.

Ben Falado!!!

Atención a tod@s!!! Comeza un concurso que ten varias fases. Para poder acadar o premio final tedes que completar todos os pasos.

1ª FASE:

    Debedes comentar nesta entrada unha palabra e unha expresión en galego que vos guste moito, que vos pareza sonora, que vos traia lembranzas especiais.

  • Tedes que explicar o motivo da vosa elección. Por exemplo: Eu gusto moito da palabra AXÓUXERE porque me resulta especialmente sonora.
  • Tedes que identificarvos cando fagades a entrada. Isto é importante para a fase seguinte.
  • A data límite para presentar as vosas achegas é o xoves, 31 de xaneiro.

Agardamos as vosas palabras!!!