Artigos etiquetado ‘ENDL’

Decembro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Para rematar o ano atopamos  dúas mulleres máis: Rosa Parks e Jane Goodall.

Rosa Parks, famosa por non ceder un asento da parte de diante do autobús a un home branco e Jane Goodall famosa polas súas investigacións cos primates.

Aquí tedes os vídeos que vos explican máis sobre as súas vidas.

 

Advertisements

Novembro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:,

Chegamos xa case ao final do ano e atopamos dúas mulleres destacadas pola súa valentía, aínda que de épocas moi diferentes.

Lady Di, princesa de Inglaterra durante moitos anos, pero famosa polo seu labor humanitario e coñecida como a “princesa do pobo”.

E María Pita, coñecida heroína da nosa historia galega que conseguiu a derrota das tropas inglesas que intentaban conquistar a Coruña.

Se picades nos seguintes vídeos tedes máis información sobre elas.

Outubro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Para o mes de outubro eliximos  tres mulleres relacionadas co mundo do cine: Hedy Lamarr, Brenda Chapman e Mayim Bialik.

Hedy Lamarr é coñecida principalmente pola súa carreira como actriz, pero o que pouca xente coñece e a súa faceta como inventora. Mira o vídeo e descúbrea!

Brenda Chapman foi a primeira muller en dirixir unha película de animación. Moi coñecida por ser tamén a primeira en crear unha princesa de conto valente, forte e independente. Sabes de quen falo? Mira o vídeo!

E Mayim Bialik, actriz prestixioxa de Hollywood e neurocientífica recoñecida. Moi coñecida polo seu papel infantil na serie “Blossom” e moi coñecida na actualidade polo seu papel na seria “The Big Band Theory”. Queres saber máis cousas sobre ela? Pica no vídeo!

Setembro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Xa estamos en setembro, e para comezar con forza o curso, queremos que coñezades tres mulleres que loitaron en cadanseu ámbito polos dereitos das mulleres: Simon Veil, Concepción Arenal e Marcela e Elisa. Aquí  tedes os vídeos explicativos das súas fazañas.

Agosto

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Xullo

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

No mes de xullo presentámosvos dúas mulleres da rama científica:  María Goeppert-Mayer e María Josefa Wonnerburger. Matemática e astrónoma, realizaron diversos descubrimentos. Queres saber cales? Mira os vídeos!

 

Xuño

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Co comezo da calor do verán temos tres mulleres deportistas: Chus Lago, Julia Vaquero e Katherine Switzer.

Cada unha delas conta cunha historia de superación no deporte e cunha grande dose de valentía. Coñéceas nos vídeos!