Artigos etiquetado ‘ELLA’

Mañá, 21 de xuño, representaremos a obra de teatro titulada “Elas”. Creada e interpretada polo grupo de teatro da Mata, composto por alumnado de secundaria. Haberá tres pases, un para primaria, outro para secundaria e un terceiro pola tarde ás 20:00h no auditorio de O Rosal ao que estades todos convidados esperamos que vos guste tanto como a nós facela!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa súa data de nacemento. Este ano preguntámonos: “Que sabemos en realidade sobre Rosalía de Castro?”

Propuxemos unhas preguntas sobre ela e preguntamos entre o alumnado e o profesorado a ver se somos expertos. Este é o resultado! Esperamos aprendades moito!

 

Como xa sabedes o centro ten como tema central de traballo para este curso A MULLER como protagonista, co título “ELLA /ela/”. Pero ademais estamos a participar nun proxecto titulado VIOLENCIA ZERO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, e co asesoramento da profesora de Belas Artes , Mar Caldas. A última semana do trimestre pasado, foi presentado no auditorio do Rosal ao alumnado de Secundaria.

 

 

En ambos proxectos desexamos dar protagonismo ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.

Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos…) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres.

A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada.
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.

 

 

Decembro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Para rematar o ano atopamos  dúas mulleres máis: Rosa Parks e Jane Goodall.

Rosa Parks, famosa por non ceder un asento da parte de diante do autobús a un home branco e Jane Goodall famosa polas súas investigacións cos primates.

Aquí tedes os vídeos que vos explican máis sobre as súas vidas.

 

Outubro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Para o mes de outubro eliximos  tres mulleres relacionadas co mundo do cine: Hedy Lamarr, Brenda Chapman e Mayim Bialik.

Hedy Lamarr é coñecida principalmente pola súa carreira como actriz, pero o que pouca xente coñece e a súa faceta como inventora. Mira o vídeo e descúbrea!

Brenda Chapman foi a primeira muller en dirixir unha película de animación. Moi coñecida por ser tamén a primeira en crear unha princesa de conto valente, forte e independente. Sabes de quen falo? Mira o vídeo!

E Mayim Bialik, actriz prestixioxa de Hollywood e neurocientífica recoñecida. Moi coñecida polo seu papel infantil na serie “Blossom” e moi coñecida na actualidade polo seu papel na seria “The Big Band Theory”. Queres saber máis cousas sobre ela? Pica no vídeo!

Setembro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Xa estamos en setembro, e para comezar con forza o curso, queremos que coñezades tres mulleres que loitaron en cadanseu ámbito polos dereitos das mulleres: Simon Veil, Concepción Arenal e Marcela e Elisa. Aquí  tedes os vídeos explicativos das súas fazañas.

Agosto

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Xullo

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

No mes de xullo presentámosvos dúas mulleres da rama científica:  María Goeppert-Mayer e María Josefa Wonnerburger. Matemática e astrónoma, realizaron diversos descubrimentos. Queres saber cales? Mira os vídeos!

 

Xuño

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Co comezo da calor do verán temos tres mulleres deportistas: Chus Lago, Julia Vaquero e Katherine Switzer.

Cada unha delas conta cunha historia de superación no deporte e cunha grande dose de valentía. Coñéceas nos vídeos!

 

Maio

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Para o mes de maio trouxemos tres mulleres relacionadas en maior ou menor medida coa literatura: María Moliner, Anna Frank e Gloria Fuertes. Queres coñecelas mellor? Mira o vídeo.