Artigos etiquetado ‘Día da Ciencia en Galego’

Hoxe, 4 de novembro é o Día da Ciencia en Galego. Dende o noso Colexio e desde o Equipo de Normalización queremos contribuír á difusión de que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.

Cada ano, Igaciencia (institución Galega de Ciencia) propón dous científicos, un galego e outro estranxeiro, aos que dedicarlle o Día da Ciencia en Galego. Se o pasado ano os investigadores homenaxeados pertencían ao campo da xeoloxía, nesta ocasión son precursores no campo da xenética. O científico estranxeiro é Gregor Mendel, creador desta disciplina, e o científico de ámbito galego é Cruz Gallástegui, responsábel da súa introdución en Galiza.

Aquí tedes unha mostra do cartaz deste ano

 

P1020810Con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego tivemos hoxe unha videoconferencia na biblioteca do noso centro para o alumnado de 4º de ESO. O título foi A ciencia da programación de ordenadores e a charla foi impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, doutor en Enxeñaría da Comunicación.

A sinopse da charla foi a seguinte: Introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.

Aquí tedes unhas fotos que ilustran a actividade. Agardamos que fose do voso agrado e que sirva para difundir a ciencia en galego.

 

P1020807 P1020809