Artigos etiquetado ‘desigualdade salarial’

Hoxe, 8 de marzo é o Día da Muller e dende aquí queremos compartir con vós esta data na que se reivindica a igualdade entre homes e mulleres. Como sabedes, a diferenza entre varóns e mulleres continúa a ser moi grande na actualidade. As mulleres continúan a ter soldos máis baixos, a coidar das persoas, a abandonar o traballo cando teñen fillos e a sufrir continuas agresións por parte das súas parellas. Aquí tedes un artigo onde se fala de toda esta desigualdade e un pequeno vídeo onde unha moza da vosa idade analiza a vida, o esforzo e o traballo da súa avoa e do seu avó.

No noso colexio quixemos contribuír a reivindicar esta data da man do carrabouxo, que coa súa retranca tan coñecida expón este tema dende un punto de vista crítico, pero tamén cunha dose moi fina de ironía. Así, colgamos unha serie de láminas feitas por el e cedidas polo IES O Mosteirón, de Sada.

DSC_0005DSC_0001DSC_0006DSC_0008DSC_0004