Artigos etiquetado ‘Contacontos’

 

O longo deste trimestre alumnado axudantes da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.

Tamén acudiron o alumnado de 3º de primaria a contar distintos contos como os que vos deixamos a continuación.

 

Contacontos

Publicado: 12 Xuño 2014 en Para ver
Etiquetas:, ,

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver os estupendos contacontos que neste curso andaron pola Mata e tamén polo CRA. Foron días estupendos e marabillosos. Que ben poder contar con eles. Esperemos que para o ano sigan aí e nos permitan seguir gozando coas súas historias.