Artigos etiquetado ‘concurso’

En vista do éxito acadado no ano pasado do concurso Vídeo palabras este ano continuamos cunha nova edición. Hai novidades, xa que teredes que utilizar palabras do cabaqueiro.  A carón da imaxe atoparedes as bases ÁNIMO. AGARDAVOS AS VOSAS ACHEGAS!!

 

2º ConcurSaZo Vídeopalabras

Bases II concurso vídeopalabras

Advertisements

O vindeiro luns comeza un novo xogo no que só pode participar a ESO. Trátase de buscar pistas e contestar preguntas sonre un personaxe famoso. Para iso poderedes traer os teléfonos móbiles ao colexio e PODEREDES USALOS, SI!!! Aínda que só nesta actividade. Se queredes máis iformación, aquí tedes as Normas

Entrega de agasallos

Publicado: 19 Xuño 2013 en Para ver
Etiquetas:,

E xa para rematar, aquí tedes a entrega de agasallos ao alumnado seleccionado polos vídeos do concurso.

Parabéns a tod@s e saúdos normalizadores. Ata o ano que vén!!!

DSCN0585DSCN0582DSCN0589DSCN0588DSCN0584DSCN0578

Atención a tod@s!!! Comeza un concurso que ten varias fases. Para poder acadar o premio final tedes que completar todos os pasos.

1ª FASE:

    Debedes comentar nesta entrada unha palabra e unha expresión en galego que vos guste moito, que vos pareza sonora, que vos traia lembranzas especiais.

  • Tedes que explicar o motivo da vosa elección. Por exemplo: Eu gusto moito da palabra AXÓUXERE porque me resulta especialmente sonora.
  • Tedes que identificarvos cando fagades a entrada. Isto é importante para a fase seguinte.
  • A data límite para presentar as vosas achegas é o xoves, 31 de xaneiro.

Agardamos as vosas palabras!!!

Xa está aquí o VII Concurso de Non Perdas  a Palabra. Coma o ano pasado, seguimos cos contos e os poemas. A partir de varios comezos teredes que facer un conto ou un poema. Lembrade que tamén hai que facer un debuxo. Animádevos a participar. Grandes premios vos agardan.

Aquí tedes as bases:

Non perdas a palabra

Non perdas a palabra

(máis…)