Artigos etiquetado ‘Concurso de vídeos. Os vídeos seleccionados’

Aquí tedes os cinco vídeos que se seleccionaron despois de moitas deliberacións por parte dos membros do equipo

Hai tres seleccionados e dous accésits.

Os tres gañadores son os realizados por alumnado de 3º ESO:

O roubo, feito por Rubén. Alexandre e Andrés de 3º ESO A, unha fermosa metáfora sobre a desaparición das bolas do dragón, cunha sorpresa final

Que tempos aqueles!!, de María Misa, Ainhoa Álvarez e Iris da Silva, de 3º ESO B. Lembramos os tempos das nosas avoas impregnándolle ese humor que tanto nos caracteriza

A auga, que boa é!!, de Paula Otero, Nerea e Andrea de 3º ESO B. Unhas boas publicistas para o futuro

As dúas mencións especiais son para os seguintes vídeos:

Os desafiuzamentos, tema de rabiosa actualidade realizado polos alumnos de 1º ESO Julio Otero, David Alonso e Francisco Méndez

O tempo nos vindeiros días, feito por Nuria, Leonor e Inés de 2º ESO A. Unhas dicharacheiras reporteiras da Mata

Esperemos que vos gusten!! O concurso continuará en vindeiras edicións