Na xornada de onte, membros do club de lectura de Secundaria, do grupo de teatro e do voluntariado da biblioteca tiveron unha xornada de formación no uso da radio, impartida por Rede Espora.
A primeira parte consistiu nunha sesión conxunta na biblioteca onde aclararon conceptos radiofónicos, recibiron algún consello para o directo e practicaron a transmisión de mensaxes empregando a entoación axeitada.
A segunda parte foi máis práctica e técnica para a aprendizaxe do funcionamento real do alumnado. Aprenderon como funciona a mesa de mezclas e todos os pasos a seguir antes, durante e despois da gravación do programa.
Fixerónse tres quendas e abordáronse distintas estruturas:
Programa Bookcluber, a través do modelo de entrevista.
Os primeiros en participar no laboratorio da radio foron os compañeiros/as do club de lectura de Secundaria. Elaboraron un programa de entrevistas onde recomendaban libros.
Programa Radio Teatro, a través do modelo de dramatización
Doce alumnos/as do grupo de teatro “A Mata” interpretaron dúas escenas da obra que representarán ao final do curso. A obra ten como tema principal o proxecto de centro “ELLA” e se está a crear entre todos os integrantes do grupo de teatro.
Programa Potenciar a contorna, a través dun modelo informativo
Partindo da alfabetización documental e das competencias ALFIN/ AMI o alumnado de 6º de Primaria, que son axudantes da biblioteca, elaboraron un programa publicitario e informativo de O Rosal.
Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:
E recordamos que para escoitar os programas de A Voz da Mata, tedes que entrar na plataforma IVOOX , tamén accedendo directamente dende a web do cole.