Artigos etiquetado ‘As nosas camisetas’

Ola a tod@s!

Xa sabedes que a semana pasada fixemos un obradoiro de camisetas no que participastes moitos e moitas de vós.

Aquí vos deixamos un vídeo co estupendo resultado. Parabéns polas vosas camisetas. Sodes uns artistazos!!!!

A música é un tema de Roi Casal, titulado “Maxicamente vello” baseado no poema de Manuel MaríaA fala” incluído en As rúas do vento ceibe (1979):

Gustaríanos que colaboredes con nós para elixir o lema máis orixinal, polo que vos pedimos que cubrades esta enquisa. Tedes unha semana para dicir cales son os 3 lemas que máis vos gustan!! Ánimo e a participar!!!!

Ola a tod@s!

Esta semana comezamos un obradoiro para facer camisetas con lemas en galego. Só se precisa unhas ceras de cores, un ferro de pasar, tesoiras, cartón, cúter, e … Mooooooittttaaaaaaa imaxinación! Aquí tedes unha mostra das que foron saíndo. Moitas grazas pola vosa participación. Quedaron chulísimas!!!

DSC_0006_3DSC_0009_3DSC_0010_3DSC_0005_3DSC_0007_2IMG_20160419_110416IMG_20160419_110440IMG_20160419_203714DSC_0007_2

 

DSC_0003_5