Artigos etiquetado ‘a vida é puro teatro’

Mañá, 21 de xuño, representaremos a obra de teatro titulada “Elas”. Creada e interpretada polo grupo de teatro da Mata, composto por alumnado de secundaria. Haberá tres pases, un para primaria, outro para secundaria e un terceiro pola tarde ás 20:00h no auditorio de O Rosal ao que estades todos convidados esperamos que vos guste tanto como a nós facela!

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

O xoves pasado comezaron as clases de teatro no noso cole, que para quen non o saiba son os xoves de 16:30 a 18:30. Con que nos sorprenderán este ano? Polo de agora están investigando…

Aquí tedes o calendario definitivo do ano que vén realizado cos vosos debuxos e con todo o voso agarimo. Esperemos que vos guste e que cada vez que o vexades vos lembredes do colexio dunha maneira positiva.

Bo ano para todos. Lembrade que a vida é puro teatro!

Feliz ano 2015!!