Artigos etiquetado ‘a poesía non morde’

O martes pola mañá tivemos o pracer de recibir a visita de Yolanda Castaño. Falounos da súa poesía, dos seus comezos, de por que ela escribe poesía… incluso nos contou algunhas anécdoctas sobre algúns dos seus poemas de xuventude. Foi unha mañá moi agradábel, xa que nos fixo entender a linguaxe poética dende outro punto de vista. Incluso nos animou a facer nós mesmos un poema. Aquí tedes o resultado.

Moitas grazas, Yolanda pola túa visita ao centro.

Esperamos que volvas pronto e que teñas moita sorte na túa andaina literaria polo mundoDSC_0095 DSC_0093 DSC_0082 DSC_0077 .

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aquí tedes o poema resultado da súa visita. Somos uns grandes poetas, non si?

O sol é o fulgor dun cabelo loiro
O sol é a alegría do noso corazón
O sol é o lume da existencia
O sol é a nosa lenta destrución

O sol é a escuridade que queremos ver
O sol é a bombilla que ilumina a nosa vida
O sol é o candil prehistórico
O sol é o espertar de cada día

O sol é todo o que desexamos e padecemos
O sol é un bote de pintura amarela
O sol é un ente que nos protexe do noso interior
O sol é unha estrela das estrelas

O sol é unha tortilla cando tes fome
O sol é a barriga de Homer Simpson
O sol é unha paella valenciana
O sol é a orientación do noso camiño

Aquí tedes a Marcos recitando o poema. Moitas grazas, Marcos, polo teu estupendo recitado

Vai o vídeo de Yolanda recitando un poema seu. Prestade atención e gozade da súa obra.