Arquivo para a categoría ‘Sen categoria’

Correlingua 2018

Publicado: 12 Maio 2018 en Sen categoria

Onte pasamolo xenial en Tomiño co alumnado de 2º, 3º e 4º do noso centro. Aqui un pequeno vídeo para o recordo.

 

Día da Poesía!

Publicado: 21 Marzo 2018 en Sen categoria

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Poesía, unha boa ocasión para reflexionar na forma en que empregamos as palabras. O alumnado de 3ºA de Primaria saiu da aula para deixar polas fiestras do centro a súa creatividade poética.

IMG_1033IMG_1034IMG_1032IMG_1008

MARÍA VICTORIA MORENO!!!

Publicado: 12 Marzo 2018 en Sen categoria

Noraboa a todos os detectives que lograron adiviñar quen era a personaxe que investiga MARUXA SABUXA.

MARÍA VICTORIA MORENO

O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa súa data de nacemento. Este ano preguntámonos: “Que sabemos en realidade sobre Rosalía de Castro?”

Propuxemos unhas preguntas sobre ela e preguntamos entre o alumnado e o profesorado a ver se somos expertos. Este é o resultado! Esperamos aprendades moito!

 

Respecta o meu NON

Publicado: 25 Novembro 2017 en Sen categoria
Etiquetas:,

O venres, 24 de novembro, celebramos no nos centro O Día da Violencia de Xénero…
Isto é o que opina o noso alumnado…
Respecta o meu NON!

Hoxe estamos de magosto!

Publicado: 10 Novembro 2017 en Sen categoria

Como xa é habitual no noso centro, celebramos o día do San Martiño, 11 de Novembro, co festexo do magosto. Haberá xogos populares, música en directo e por suposto castañas!! Que como cada ano o profe Félix asa coa axuda do alumnado de secundaria. Moitas grazas polo voso esforzo o pasaremos xenial!!!
Deixámosvos un vídeo que fixemos o ano pasado, con refráns sobre o San Martiño.

O día 9 de Novembro é o día internacional do inventor. Xa que seguimos co noso proxecto “ELLA”, gustríanos que coñezades mellor a Hedy Lamarr.

Non debemos esquecer que ademais hoxe sería o seu aniversario.

O alumnado de 2º ESO cóntanos o que saben desta actriz e inventora…