Arquivo para a categoría ‘Rosalía é mundial’

O 24 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro, coincidindo coa súa data de nacemento. Este ano preguntámonos: “Que sabemos en realidade sobre Rosalía de Castro?”

Propuxemos unhas preguntas sobre ela e preguntamos entre o alumnado e o profesorado a ver se somos expertos. Este é o resultado! Esperamos aprendades moito!

 

Hoxe, 24 de febreiro, cumpriuse o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Dende o noso cole celebrámolo de moitas maneiras distintas. Incluso a propia Rosalía estivo con nós!!!!

Para que vexades todo o que se fixo, aquí tedes un telexornal onde podedes escoitar e ver as actividades. Parabéns a todos polo traballo realizado.

Rosalía estaría moi contenta se vira todo o que facemos no seu aniversario. Así dá gusto cumprir anos.

PARABÉNS ROSALÍA!!!!!!!

Continuamos coas nosas actividades para lembrar a Rosalía. Aquí tedes o vídeo do mural e do recitado do poema que fixeron os nenos e as nenas que están no equipo de normalización lingüística. Parabéns polo voso traballo guapos!!

Évos ben certo que Rosalía é mundial. Fixádevos en como estes nenos e nenas recitan a Rosalía nada máis e nada menos que en INGLÉS. Parabéns polo seu esforzo

 

Como hoxe é o Día de Rosalía de Castro nós quixemos facerlle unha pequena homenaxe. Para iso, repartímonos polas aulas para ler algúns dos seus poemas máis fermosos e a expresar o noso desacordo de que este ano non se incluíra no Calendario do libro e da lectura por parte da Xunta de Galiza.

Para nós é unha figura moi importante e con esta actividade quixemos lembrala. Aquí tedes unha pequena mostra fotográfica da actividade.

Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración. Feliz Día de Rosalía!!   P1020580 P1020577 P1020573 P1020566 P1020564 P1020553 P1020559 P1020554 P1020547 P1020582 P1020575 P1020566 P1020554

Hoxe, 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro e na Mata seguimos de celebracións. Aquí tedes unha reportaxe fotográfica do pasado mércores, cando todo o alumnado participou no mural grafiteiro que fixemos de Rosalía. Parabéns a todos os participantes e moitas grazas a Elena Plástica por botarnos unha man neste bonito proxecto.

DSCN1002 DSCN0998 DSCN0997 DSCN0995 DSCN0935 DSCN0946 DSCN0960 DSCN0967 DSCN0977 DSCN0988 DSCN0960 DSCN0950