Onte recibimos unha visita moi grata, xa que estiveron con nós Marta Souto, do SNL de Vigo que nos falou sobre o uso do galego no concello de Vigo e nos presentou a campaña que están a a realizar “Gústame o galego de Primeira”
Tamén contamos coa presenza de Xaime Escudeiro, locutor deportivo da Radio Galega, que cobre a información do RC Celta de Vigo.
Gustounos moito a súa visita porque nos contaron moitas cousas sobre o galego e as retransmisións deportivas, dende o comezo da súa carreira ata a actualidade.
Despois da charla fixemos un concurso para ver quen cantaba mellor un gol. Aquí tedes os protagonistas.
Foi unha tarde moi divertida e enriqeucedora.
Grazas, Marta e Xaime por achegarvos ata O Rosal e compartir con nós o voso tempo!!!!