Arquivo para a categoría ‘Para ver’

Febreiro

Publicado: 1 Decembro 2016 en Calendario, O noso Proxecto, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Febreiro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

Xaneiro

Publicado: 1 Decembro 2016 en Calendario, O noso Proxecto, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Xaneiro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

 

Inauguramos unha nova actividade dentro do Equipo de Normalización que ten moito que ver con proxecto (In)migración.

viaje-gastronomico-por-los-cinco-continentes

Queremos convidarvos a un obradoiro de cociña que se impartirá o vindeiro xoves, 1 de decembro, en horario de 17:00 a 18:30 na cociña do CPI. Consistirá en facer unha receita dun país diferente ao noso para coñecer como se come noutras culturas.

Aquí vos deixamos a circular onde esta toda a información.

PETISCOS DE AQUI E ALÁ

Hoxe o alumnado de 4º da ESO do noso CPI quixo denunciar a crueldade e a dureza do sufrimento de moitas mulleres que son atacadas e asasinadas impunemente simplemente por ser mulleres.

Para iso realizaron unha montaxe na entrada do noso colexio e na Biblioteca utilizando un Mannequin Challengue no que reflectían diferentes situacións nas que se plasma a violencia á que están sometidas moitas mulleres.

Moitísimas grazas a todos e a todas por participar nesta actividade.

Aquí vos deixamos o vídeo no que se ve a actividade cando foi amosada a todo o centro educativo.

 

Hoxe, 25 de novembro quixemos achegar o noso gran de area para combater a violencia de xénero. Para iso realizamos unha exposición con libros que temos na nosa Biblioteca para así poder concienciar a comunidade educativa desta lacra tan presente na nosa sociedade.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

image

Hoxe é o Día contra a Violencia de Xénero. Desde o Recuncho da Mata queremos sumarnos á denuncia contra a violencia machista.

Non máis mulleres asasinadas.

 

 

 

Hoxe, 4 de novembro é o Día da Ciencia en Galego. Dende o noso Colexio e desde o Equipo de Normalización queremos contribuír á difusión de que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.

Cada ano, Igaciencia (institución Galega de Ciencia) propón dous científicos, un galego e outro estranxeiro, aos que dedicarlle o Día da Ciencia en Galego. Se o pasado ano os investigadores homenaxeados pertencían ao campo da xeoloxía, nesta ocasión son precursores no campo da xenética. O científico estranxeiro é Gregor Mendel, creador desta disciplina, e o científico de ámbito galego é Cruz Gallástegui, responsábel da súa introdución en Galiza.

Aquí tedes unha mostra do cartaz deste ano

 

Hoxe pola mañá  recibimos a visita de Carlos Gende, un virtuoso do beatbox. Para os que non saibades que é iso dicirvos que é unha disciplina derivada do hip-hop que consiste en facer música sen tocar instrumentos, unicamente coa voz.

Falounos dos graffittis, dos inicios do hip-hop, incluso dun galego chamado John Balan, que era quen de simular o son dunha trompeta, como puidemos ver nun vídeo que nos amosou.

No obradoiro combinou a teoría e a historia desta disciplina coa práctica. Puidemos ver vídeos, escoitar como facía música coa boca e logo facer nós as nosas propias composicións.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do seu paso polo noso cole

Moitas grazas Carlos, pola túa visita!!!!!!

DSC_0022IMG_1085IMG_1088IMG_1092IMG_1093DSC_0008

O luns, 8 de abril, tivemos o privilexio de recibir a visita da escritora María Solar, para falar co alumnado de 6º de primaria que traballou co seu libro titulado “O MEU PESADELO FAVORITO”, que triunfou entre os lectores da escola. María Solar é escritora, xornalista e presentadora da Televisión de Galicia e da Radio Galega. Naceu e vive en Santiago de Compostela. É licenciada en Xornalismo e en Bioloxía, diplomada en Maxisterio, e Especialista en Información Ecolóxica e Ambiental. Na actualidade presenta o programa “A revista fin de semana” na Televisión de Galicia (TVG).

Demostroulles aos rapaces a súa paixón pola escritura, pero sobre todo animounos a perseguir os seus soños con esforzo e traballo constante como fixo ela.

 

DSCN4550

Moitas grazas pola visita!!

 

Aquí tedes as bases para participar no concurso. Animádevos que hai que encher o colexio de minipostais para que a nosa lingua goce de boa saúde.

CONCURSO

Os soños para o galego…
… saen da gaiola!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon en marcha unha campaña para visibilizar o apoio ao proceso de normalización da lingua galega da comunidade educativa do CPI Manuel Suárez Marquiel do Rosal.

Así, animados pola forza soñadora dos grandes desexos para o novo ano, queremos provocar unha reflexión esperanzadora sobre a necesidade de fomento da nosa lingua en distintos sectores: na familia, no comercio, no deporte, no tempo libre…na vida cotiá.

Imos montar unha gran gaiola de Nadal, para comezar a celebrar as Letras Galegas 2016 e recordar a obra Os soños na gaiola do poeta Manuel María. Cos nosos mellores desexos para o galego en forma de minipostais, posicionarémonos a prol do fomento da lingua. Coas nosas mensaxes positivas, abrirémoslle a portiña á gaiola do 2016 coa forza do noso gran soño: un galego con futuro.

BASES DO CONCURSO

Os soños para o galego… saen da gaiola!

  1. Convócase un concurso á minipostal de Nadal co desexo ou soño máis esperanzador para a lingua galega.
  2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa do CPI Manuel Suárez Marquier: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente. O modelo de minipostal deseñado para a campaña repartirase polas aulas ou poderase pedir en conserxería.
  3. O prazo de presentación das minipostais con desexo ou soño normalizador para a lingua galega remata o 15 de decembro. Deben ser entregadas aos docentes ou en secretaría, co nome completo e a aula indicados por detrás.
  4. As minipostais normalizadoras iranse colgando na nosa particular gaiola dos soños de Nadal, colocada no vestíbulo do centro.
  5. O xurado, designado polo ENDL do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), valorará a adecuación ao tema proposto e a creatividade na redacción e na presentación.
  6. Outorgaranse catro premios en total, dous na ESO e outros dous en Educación Primaria:

1º premio: super-agasallo sorpresa, medalla e diploma.

2º premio: agasallo sorpresa, medalla e diploma.

3º premio: agasallo sorpresa, medalla e diploma.

4º premio: agasallo sorpresa, medalla e diploma.

O deseño da tarxeta gañadora utilizarase para confeccionar un

marcapáxinas-calendario 2016.

  1. A resolución do concurso farase pública o venres 18 de decembro de 2015.
  2. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

Equipo De Dinamización Da Lingua Galega

CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)