Arquivo para a categoría ‘Para ver’

 

O longo deste trimestre alumnado axudantes da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.

Tamén acudiron o alumnado de 3º de primaria a contar distintos contos como os que vos deixamos a continuación.

 

Día do Libro

Publicado: 23 Abril 2018 en Para ler, Para ver
Etiquetas:, ,

Hoxe 23 de abril, celebrase o día do libro promovido pola UNESCO. Escolleron esta data por ser o anivresario da morte de dous grandes escritores: Cervantes e Shakespeare.

No noso cole fixemos un apadriñamento lector e durante 50 minutos os corredores, as aulas, o patio… en todas as estancias do centro enchéronse de rapaces e rapazas lendo. Os grandes léronlle aos pequenos e ao revés os pequenos léronlle aos grandes. Aquí vos deixamos a experiencia vivida.

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

 

Maruxa Sabuxa

é a investigadora do Recuncho da Mata

Queres axudala?

Pois telo fácil!
Comezaremos a poñer pistas…
Terás que ir descubrindo a resposta a cada pista…

Deixa a túa resposta no noso blog…

Quen responda correctamente ao maior número delas, terá un premio!

Boa sorte!

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Camino Casabella estivo estas últimas semanas impartindo E. Plástica e Visual ao alumnado de Secundaria. Cando nos contou o proxecto que desenvolve, non quixemos perder a ocasión de compartilo a través do blog.
O seu labor consiste en dar a coñecer, a través da pintura, da cerámica e serigrafía, a mulleres reais, traballadoras e sobre todo ilustrar ás mulleres que loitaron polos seus dereitos ao longo da historia.
Moitos dos obxectivos do seu traballo coinciden coas liñas propostas do noso proxecto de centro ELLA.
Gracias por compartilo con nós. Alegrámonos de que haxa iniciativas como esta.

 

Aquí vos deixamos o vídeo dunhas mozas de 3º de ESO que se chaman Máis boas cás patacas. Con este vídeo gañaron o premio da 2ª Edición do Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
Parabéns a estas mozas que loitan polos dereitos das mulleres desde unha ferramenta tan fermosa coma a música e a palabra.

Voltamos con moita enerxía!

Publicado: 25 Setembro 2017 en Para ver, Sen categoria
Etiquetas:

Boas de novo a tod@s!!

Para celebrar o comezo deste novo curso 2017/2018 e comezar as publicacións do blog con moita marcha, deixámosvos esta versión do grupo galego “DE VACAS”, que versionou unha das cancións do verán: “Amodiño”. Para nós esta versión é moito mellor que a orixinal. A BAILAR EN GALEGO!!!!!!!!

 

O libro migrante segue viaxando polas casas do alumnado do CPI, aiquí vos deixamos unhas fotos de onde anda.

 

 

 

 

 

 

 

 

O martes 7 de marzo comezamos a xogar a “Verbaliza sen preguiza”. Deixámosvos o enlace para ver a partida!

 

Aquí tedes o vídeo da primeira quenda dos nosos petiscos do mundo. Moitas grazas a Lovina por ensinarnos a cociña do seu país. Agardámosvos nas vindeiras petiscadas. Ummmm!!!