Arquivo para a categoría ‘Para ler’

Aquí tedes o xornal realizado polos rapaces e rapazas de 5ºA  de primaria. O xornal ten como fío condutor os incendios ocorridos o pasado verán no noso concello. Como podedes ver hai noticias para todos os gustos: opinión, economía, dados, entrevistas, deporte, … até incluíron unha entretida sección de pasatempos.

A voz da Vida

Preme na imaxe para poder velo

Os incendios forestais

Publicado: 5 Abril 2014 en Para ler
Etiquetas:

O alumnado de Informática de 4º da ESO participa no proxecto do centro, “E agromará outro bosque…”, realizando uns carteis sobre OS INCENDIOS FORESTAIS.
Pincha na imaxe para ver máis

Carteis incendios

En vista do éxito acadado no ano pasado do concurso Vídeo palabras este ano continuamos cunha nova edición. Hai novidades, xa que teredes que utilizar palabras do cabaqueiro.  A carón da imaxe atoparedes as bases ÁNIMO. AGARDAVOS AS VOSAS ACHEGAS!!

 

2º ConcurSaZo Vídeopalabras

Bases II concurso vídeopalabras

Xa temos aquí o tan esperado xornal en formato dixital. Botade un ollo premendo na imaxe.

Captura-de-pantalla

O vindeiro luns comeza un novo xogo no que só pode participar a ESO. Trátase de buscar pistas e contestar preguntas sonre un personaxe famoso. Para iso poderedes traer os teléfonos móbiles ao colexio e PODEREDES USALOS, SI!!! Aínda que só nesta actividade. Se queredes máis iformación, aquí tedes as Normas

Malia rematar o ano de Rosalía acabamos de saber unha boa nova. A RAG presentou uns textos inéditos da nosa escritora. Trátase de tres poemas en castelán e un en galego que se descoñecían ata agora. Aquí tedes a noticia.

alt

Xa está aquí a oitava edición do nos concursazo máis agardado. Non perdas a palabra 2014!!! Este ano temos unha novidade. Hai sorpresa, xa que tedes que facer un relato ou unha poesía a partir de…. (as bases están dentro e a fotografía que aparece aquí ten moitísimo que ver).

Esperamos que, coma sempre, participedes tod@s. Cada ano sae un libro máis fermoso grazas ás vosas achegas. Moitas grazas por seguir loitando para que non se perdan as nosas palabras.

Foto non perdas a palabraBases 8º concurso Non perdas a palabra

Xa temos na biblioteca do colexio o último exemplar da saga de Astérix. Astérix e os Pictos, o último cómic dos personaxes máis emblemáticos da Galia que loitan contra a invasión romana. Nesta historia Astérix e Obélix terán que rescatar un mozo picto que aparece na súa aldea atrapado nun bloque de xeo. Animádevos a lelo!!!

Aquí tes máis información sobre esta nova

Aquí tedes os cinco vídeos que se seleccionaron despois de moitas deliberacións por parte dos membros do equipo

Hai tres seleccionados e dous accésits.

Os tres gañadores son os realizados por alumnado de 3º ESO:

O roubo, feito por Rubén. Alexandre e Andrés de 3º ESO A, unha fermosa metáfora sobre a desaparición das bolas do dragón, cunha sorpresa final

Que tempos aqueles!!, de María Misa, Ainhoa Álvarez e Iris da Silva, de 3º ESO B. Lembramos os tempos das nosas avoas impregnándolle ese humor que tanto nos caracteriza

A auga, que boa é!!, de Paula Otero, Nerea e Andrea de 3º ESO B. Unhas boas publicistas para o futuro

As dúas mencións especiais son para os seguintes vídeos:

Os desafiuzamentos, tema de rabiosa actualidade realizado polos alumnos de 1º ESO Julio Otero, David Alonso e Francisco Méndez

O tempo nos vindeiros días, feito por Nuria, Leonor e Inés de 2º ESO A. Unhas dicharacheiras reporteiras da Mata

Esperemos que vos gusten!! O concurso continuará en vindeiras edicións

Xa está aquí Dragal

Publicado: 20 Marzo 2013 en Para ler
Etiquetas:,

Soavos ese nome? Dragal, a herdanza do dragón. Esta saga estará proximamamente nas nosas librarías mediante videoxogos, cinema e cómics. Os libros témolos na bilbioteca so cole. Botádelle un ollo porque cando saian estaremos atentísimos para darvos máis novas.

Aquí tedes unha nova relacionada con isto

416824_4728305934022_1984041171_n

Saga de Dragal