O longo deste trimestre alumnado axudantes da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.
Tamén acudiron o alumnado de 3º de primaria a contar distintos contos como os que vos deixamos a continuación.
Hoxe 23 de abril, celebrase o día do libro promovido pola UNESCO. Escolleron esta data por ser o anivresario da morte de dous grandes escritores: Cervantes e Shakespeare.
No noso cole fixemos un apadriñamento lector e durante 50 minutos os corredores, as aulas, o patio… en todas as estancias do centro enchéronse de rapaces e rapazas lendo. Os grandes léronlle aos pequenos e ao revés os pequenos léronlle aos grandes. Aquí vos deixamos a experiencia vivida.
Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!
Hoxe celebramos o Día do Libro cos apadriñamentos lectores. O alumnado de Secundaria, que eran os padriños, foi buscar os afillados a cadansúa aula. Logo, trasladáronse a un recuncho do centro e léronlles un libro. Todos gozaron moito coa actividade.
Moitas grazas, padriños e afillados por gozar da lectura e celebrar con tanta ilusión o Día do Libro!!!!!!
O luns, 8 de abril, tivemos o privilexio de recibir a visita da escritora María Solar, para falar co alumnado de 6º de primaria que traballou co seu libro titulado “O MEU PESADELO FAVORITO”, que triunfou entre os lectores da escola. María Solar é escritora, xornalista e presentadora da Televisión de Galicia e da Radio Galega. Naceu e vive en Santiago de Compostela. É licenciada en Xornalismo e en Bioloxía, diplomada en Maxisterio, e Especialista en Información Ecolóxica e Ambiental. Na actualidade presenta o programa “A revista fin de semana” na Televisión de Galicia (TVG).
Demostroulles aos rapaces a súa paixón pola escritura, pero sobre todo animounos a perseguir os seus soños con esforzo e traballo constante como fixo ela.
Onte foi o Día do libro e nós celebrámolo cos apadriñamentos lectores. Os nenos e nenas da ESO convertéronse en padriños – lectores e foron buscar os seus afillados e afilladas para lerlles unha historia e compartir con eles ese momento máxico da lectura. Aquí tedes unha pequena mostra.
O martes pola mañá tivemos o pracer de recibir a visita de Yolanda Castaño. Falounos da súa poesía, dos seus comezos, de por que ela escribe poesía… incluso nos contou algunhas anécdoctas sobre algúns dos seus poemas de xuventude. Foi unha mañá moi agradábel, xa que nos fixo entender a linguaxe poética dende outro punto de vista. Incluso nos animou a facer nós mesmos un poema. Aquí tedes o resultado.
Moitas grazas, Yolanda pola túa visita ao centro.
Esperamos que volvas pronto e que teñas moita sorte na túa andaina literaria polo mundo .
Aquí tedes o poema resultado da súa visita. Somos uns grandes poetas, non si?
O sol é o fulgor dun cabelo loiro
O sol é a alegría do noso corazón
O sol é o lume da existencia
O sol é a nosa lenta destrución
O sol é a escuridade que queremos ver
O sol é a bombilla que ilumina a nosa vida
O sol é o candil prehistórico
O sol é o espertar de cada día
O sol é todo o que desexamos e padecemos
O sol é un bote de pintura amarela
O sol é un ente que nos protexe do noso interior
O sol é unha estrela das estrelas
O sol é unha tortilla cando tes fome
O sol é a barriga de Homer Simpson
O sol é unha paella valenciana
O sol é a orientación do noso camiño
Aquí tedes a Marcos recitando o poema. Moitas grazas, Marcos, polo teu estupendo recitado
Vai o vídeo de Yolanda recitando un poema seu. Prestade atención e gozade da súa obra.
Xa temos unha nova convocatoria de Non perdas a palabra 2015. Este ano a temática é o teatro e a novidade é que podedes escribir un conto ou unha peza dramática. Ánimo e a por todas. Agardamos as vosas achegas. A vida é puro teatro!!