Como xa sabedes, o vindeiro ano o Día das Letras Galegas estará adicado ao gran poeta da Terra Cha, Manuel María. Con ese motivo, convidámosvos a participar nos “Soños na gaiola”, un espazo no que poderedes colocar os vosos desexos para o galego. O vindeiro ano debe estar cheo de mensaxes positivas e boas vibracións para a nosa lingua.
Tedes unha gaiola na entrada do cole para que a enchades de reflexións, sentimentos, mensaxes, coplas, poemiñas… todo o que se vos ocorra para animar o galego, dotalo de boa saúde e empuxalo cunha mensaxe de esperanza para os tempos que veñen. O voso apoio é moi importante para que se cumpra o noso soño e o de Manuel María: un galego con futuro.