A autora que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2018 é María Victoria Moreno. Escritora nacida circunstancialmente en Cáceres, pero que afirmaba ser galega xa que foi a terra onde viviu a maior parte do seu tempo.
![]() |
Exposición sobre María Victoria Moreno na entrada do centro |
A autora de Anagnórise decidiu defender e reivindicar a lingua galega, ata o punto de dar clases clandestinas da nosa lingua durante a ditadura.
Na entrada do centro estivo durante toda a semana unha exposición bibliográfica da escritora e, ademais, todo aquel que quixera podía deixar plasmado nas fiestras da biblioteca e corredores, manifestacións poéticas en lingua galega.