Arquivo para a categoría ‘ELLA’

Xuño

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Co comezo da calor do verán temos tres mulleres deportistas: Chus Lago, Julia Vaquero e Katherine Switzer.

Cada unha delas conta cunha historia de superación no deporte e cunha grande dose de valentía. Coñéceas nos vídeos!

 

Maio

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Para o mes de maio trouxemos tres mulleres relacionadas en maior ou menor medida coa literatura: María Moliner, Anna Frank e Gloria Fuertes. Queres coñecelas mellor? Mira o vídeo.

Abril

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

O mes de abril chega moi colorido con dúas grandes artistas da pintura: Frida Kahlo e Maruja Mallo.

Frida é unha artista mexicana coñecida polas súas cores vivas e por ter unha vida marcada polo sufrimento.

Maruja, grande artista galega, caída no esquecemento polo exilio e polo escaso recoñecemento das mulleres naquela época. Muller cunha vida abraiante e moi activa no movemento da Xeración do 27.

Ollade os vídeos e coñecede máis sobre elas.

Marzo

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

No mes de marzo presentámosvos dúas mulleres científicas: Katherine Johnson e Antonia Ferrín, matemática e astrónoma. Mirade o vídeo para coñecer máis sobre elas.

Este vídeo está gravado polo alumnado de 4º ESO. Os nosos parabéns para eles.

Febreiro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, ,

Febreiro está adicado a dúas mulleres que non tiveron o recoñecemento que se merecían na súa época, malia ser os seus descubrimentos importantísimos: Mary Anning e Marie Curie. Descubre as súas historias nos seguintes vídeos.

 

Xaneiro

Publicado: 11 Decembro 2017 en calendario 2018, ELLA
Etiquetas:, , , ,

Comezamos o ano no mes de xaneiro, con dúas mulleres que defenderon o pobo dos ataques alleos e representan a dignidade da muller.

María Soliño e María Balteira. Nos dous vídeos que tedes a continuación poderedes descubrir máis sobre elas.

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Camino Casabella estivo estas últimas semanas impartindo E. Plástica e Visual ao alumnado de Secundaria. Cando nos contou o proxecto que desenvolve, non quixemos perder a ocasión de compartilo a través do blog.
O seu labor consiste en dar a coñecer, a través da pintura, da cerámica e serigrafía, a mulleres reais, traballadoras e sobre todo ilustrar ás mulleres que loitaron polos seus dereitos ao longo da historia.
Moitos dos obxectivos do seu traballo coinciden coas liñas propostas do noso proxecto de centro ELLA.
Gracias por compartilo con nós. Alegrámonos de que haxa iniciativas como esta.

 

Aquí vos deixamos o vídeo dunhas mozas de 3º de ESO que se chaman Máis boas cás patacas. Con este vídeo gañaron o premio da 2ª Edición do Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
Parabéns a estas mozas que loitan polos dereitos das mulleres desde unha ferramenta tan fermosa coma a música e a palabra.

O día 9 de Novembro é o día internacional do inventor. Xa que seguimos co noso proxecto “ELLA”, gustríanos que coñezades mellor a Hedy Lamarr.

Non debemos esquecer que ademais hoxe sería o seu aniversario.

O alumnado de 2º ESO cóntanos o que saben desta actriz e inventora…