Arquivo para a categoría ‘ELLA’
NOVA PISTA…..
Publicado: 13 Marzo 2018 en Buscando pistas, ELLA, Maruxa SabuxaEtiquetas:detective, Maruxa Sabuxa
Queres ser detective?
Publicado: 16 Febreiro 2018 en Convocatorias, ELLA, Maruxa Sabuxa, Para escoitar, Para ler, Para ver, Xosé TomásEtiquetas:detective, investigación, Maruxa Sabuxa
Maruxa Sabuxa
é a investigadora do Recuncho da Mata
Queres axudala?
Pois telo fácil!
Comezaremos a poñer pistas…
Terás que ir descubrindo a resposta a cada pista…
Deixa a túa resposta no noso blog…
Quen responda correctamente ao maior número delas, terá un premio!
Boa sorte!
Sorrisos Trans*formadores
Publicado: 12 Xaneiro 2018 en ELLAEtiquetas:Concello de O Rosal, exposición, muller
A exposición fotográfica Sorrisos Trans*formadores xa se atopa nos andadeiros do colexio e poderá visitarse en horario de 9.00 a 14.00 horas. Permanecerá no centro ata o vindeiro venres, 19 de xaneiro.
Trátase dunha mostra de imaxes de persoas felices que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, acompañadas dunha frase ou idea que as identifica.
MULLERES
Publicado: 8 Xaneiro 2018 en 25 de novembro. Violencia de xénero, 8 de marzo. Día da Muller traballadora, ELLAEtiquetas:colaboración, ELLA, muller, violencia cero, violencia de xénero
Como xa sabedes o centro ten como tema central de traballo para este curso A MULLER como protagonista, co título “ELLA /ela/”. Pero ademais estamos a participar nun proxecto titulado VIOLENCIA ZERO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, e co asesoramento da profesora de Belas Artes , Mar Caldas. A última semana do trimestre pasado, foi presentado no auditorio do Rosal ao alumnado de Secundaria.
En ambos proxectos desexamos dar protagonismo ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.
Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos…) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres.
A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada.
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.
Para rematar o ano atopamos dúas mulleres máis: Rosa Parks e Jane Goodall.
Rosa Parks, famosa por non ceder un asento da parte de diante do autobús a un home branco e Jane Goodall famosa polas súas investigacións cos primates.
Aquí tedes os vídeos que vos explican máis sobre as súas vidas.
Chegamos xa case ao final do ano e atopamos dúas mulleres destacadas pola súa valentía, aínda que de épocas moi diferentes.
Lady Di, princesa de Inglaterra durante moitos anos, pero famosa polo seu labor humanitario e coñecida como a “princesa do pobo”.
E María Pita, coñecida heroína da nosa historia galega que conseguiu a derrota das tropas inglesas que intentaban conquistar a Coruña.
Se picades nos seguintes vídeos tedes máis información sobre elas.
Para o mes de outubro eliximos tres mulleres relacionadas co mundo do cine: Hedy Lamarr, Brenda Chapman e Mayim Bialik.
Hedy Lamarr é coñecida principalmente pola súa carreira como actriz, pero o que pouca xente coñece e a súa faceta como inventora. Mira o vídeo e descúbrea!
Brenda Chapman foi a primeira muller en dirixir unha película de animación. Moi coñecida por ser tamén a primeira en crear unha princesa de conto valente, forte e independente. Sabes de quen falo? Mira o vídeo!
E Mayim Bialik, actriz prestixioxa de Hollywood e neurocientífica recoñecida. Moi coñecida polo seu papel infantil na serie “Blossom” e moi coñecida na actualidade polo seu papel na seria “The Big Band Theory”. Queres saber máis cousas sobre ela? Pica no vídeo!
Xa estamos en setembro, e para comezar con forza o curso, queremos que coñezades tres mulleres que loitaron en cadanseu ámbito polos dereitos das mulleres: Simon Veil, Concepción Arenal e Marcela e Elisa. Aquí tedes os vídeos explicativos das súas fazañas.
No mes de xullo presentámosvos dúas mulleres da rama científica: María Goeppert-Mayer e María Josefa Wonnerburger. Matemática e astrónoma, realizaron diversos descubrimentos. Queres saber cales? Mira os vídeos!