Arquivo para a categoría ‘Correlingua 2017. EN galego sen cancelas’

Hoxe recibimos a agradábel nova de que o vídeo que fixemos para o Correlingua 2017, que tiña o lema En galego sen cancelas, resultou gañador.

Sempre é satisfactorio e agradábel recibir premios, pero cando son premios que serven para promocionar a lingua e para denunciar a situación na que se atopa aínda son mellor benvidos.

Desde o EDNL queremos felicitar a todos e a todas os que fixestes posíbel este vídeo no que participou todo o cole e tamén á xente de fóra do cole que, de xeito desinteresado nos axudou a facelo. Grazas Sol, grazas Fonso e grazas a todos vós… PORQUE A LINGUA É DE TODOS E DE TODAS.

EN GALEGO SEN CANCELAS!!!!!

Aquí tedes o vídeo gañador.