Arquivo para a categoría ‘Convocatorias’

 

Maruxa Sabuxa

é a investigadora do Recuncho da Mata

Queres axudala?

Pois telo fácil!
Comezaremos a poñer pistas…
Terás que ir descubrindo a resposta a cada pista…

Deixa a túa resposta no noso blog…

Quen responda correctamente ao maior número delas, terá un premio!

Boa sorte!

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Este ano queremos que tod@s participedes na valoración dos debuxos para o calendario de 2017, xa que foi moi difícil a selección de 4 imaxes para cada mes. Para isto, pedimos a vosa colaboración para votardes os que máis vos gusten. Están colocados, na entrada do colexio, os debuxos e as papeletas para votar. Pódese votar ata o venres 18 de novembro ás 14:30h. Pode votar calquera persoa que se achegue

Grazas pola vosa axuda!

Aquí tedes as bases para participar no concurso. Animádevos que hai que encher o colexio de minipostais para que a nosa lingua goce de boa saúde.

CONCURSO

Os soños para o galego…
… saen da gaiola!

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pon en marcha unha campaña para visibilizar o apoio ao proceso de normalización da lingua galega da comunidade educativa do CPI Manuel Suárez Marquiel do Rosal.

Así, animados pola forza soñadora dos grandes desexos para o novo ano, queremos provocar unha reflexión esperanzadora sobre a necesidade de fomento da nosa lingua en distintos sectores: na familia, no comercio, no deporte, no tempo libre…na vida cotiá.

Imos montar unha gran gaiola de Nadal, para comezar a celebrar as Letras Galegas 2016 e recordar a obra Os soños na gaiola do poeta Manuel María. Cos nosos mellores desexos para o galego en forma de minipostais, posicionarémonos a prol do fomento da lingua. Coas nosas mensaxes positivas, abrirémoslle a portiña á gaiola do 2016 coa forza do noso gran soño: un galego con futuro.

BASES DO CONCURSO

Os soños para o galego… saen da gaiola!

  1. Convócase un concurso á minipostal de Nadal co desexo ou soño máis esperanzador para a lingua galega.
  2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa do CPI Manuel Suárez Marquier: alumnado, profesorado, familias e persoal non docente. O modelo de minipostal deseñado para a campaña repartirase polas aulas ou poderase pedir en conserxería.
  3. O prazo de presentación das minipostais con desexo ou soño normalizador para a lingua galega remata o 15 de decembro. Deben ser entregadas aos docentes ou en secretaría, co nome completo e a aula indicados por detrás.
  4. As minipostais normalizadoras iranse colgando na nosa particular gaiola dos soños de Nadal, colocada no vestíbulo do centro.
  5. O xurado, designado polo ENDL do CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), valorará a adecuación ao tema proposto e a creatividade na redacción e na presentación.
  6. Outorgaranse catro premios en total, dous na ESO e outros dous en Educación Primaria:

1º premio: super-agasallo sorpresa, medalla e diploma.

2º premio: agasallo sorpresa, medalla e diploma.

3º premio: agasallo sorpresa, medalla e diploma.

4º premio: agasallo sorpresa, medalla e diploma.

O deseño da tarxeta gañadora utilizarase para confeccionar un

marcapáxinas-calendario 2016.

  1. A resolución do concurso farase pública o venres 18 de decembro de 2015.
  2. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases.

Equipo De Dinamización Da Lingua Galega

CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal)

Como xa sabedes, o vindeiro ano o Día das Letras Galegas estará adicado ao gran poeta da Terra Cha, Manuel María. Con ese motivo, convidámosvos a participar nos “Soños na gaiola”, un espazo no que poderedes colocar os vosos desexos para o galego. O vindeiro ano debe estar cheo de mensaxes positivas e boas vibracións para a nosa lingua.

Tedes unha gaiola na entrada do cole para que a enchades de reflexións, sentimentos, mensaxes, coplas, poemiñas… todo o que se vos ocorra para animar o galego, dotalo de boa saúde e empuxalo cunha mensaxe de esperanza para os tempos que veñen. O voso apoio é moi importante para que se cumpra  o noso soño e o de Manuel María: un galego con futuro.

DSC_0009DSC_0005

DSC_0007

O equipo de Normalización Lingüística do CPI Suárez Marquier convoca un concurso para escoller un logotipo que estaría presente nas actividades do mesmo, nas comunicacións, na páxina web…

Buscamos un logo que nos represente !!!!

Premendo os seguintes enlaces tedes as bases para a elaboración do logo e unhas suxestións para a súa realización:

Bases para a elaboración do logo de Normalización

Pautas para a realización dun logo