Arquivo para a categoría ‘Calendario’

Febreiro

Publicado: 1 Decembro 2016 en Calendario, O noso Proxecto, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Febreiro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

Xaneiro

Publicado: 1 Decembro 2016 en Calendario, O noso Proxecto, Para ver
Etiquetas:,

Poema correspondente á imaxe do Calendario 2017 de Xaneiro. Realizado polo alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier.

 

Noraboa a tod@s!!

Dende o equipo de Normalización queremos agradecer a tod@s os participantes o seu esforzo. As votacións estiveron moi reñidas.

GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

 

Deixámosvos as últimas imaxes que temos para o calendario de 2017.

Lembrade que se pode votar ata mañá.

Moitas grazas a tod@s!

 

Este ano queremos que tod@s participedes na valoración dos debuxos para o calendario de 2017, xa que foi moi difícil a selección de 4 imaxes para cada mes. Para isto, pedimos a vosa colaboración para votardes os que máis vos gusten. Están colocados, na entrada do colexio, os debuxos e as papeletas para votar. Pódese votar ata o venres 18 de novembro ás 14:30h. Pode votar calquera persoa que se achegue

Grazas pola vosa axuda!

Máis participantes!

Publicado: 16 Novembro 2016 en Calendario
Etiquetas:, , , ,

Grazas a tod@s!

 

Calendario 2017

Publicado: 16 Novembro 2016 en Calendario
Etiquetas:, , ,

Como todos os anos, dende o Equipo de normalización, coa axuda de todo o alumnado e profesorado do centro, estamos preparando a edición do calendario de 2017. Este ano realizáronse os debuxos en base a textos que teñan que ver coa migración, e polo tanto co proxecto migrANDO.

Neste vídeo deixámosvos algúns dos debuxos participantes no concurso, iremos subindo todos ao longo desta semana.

Moitas grazas a todos os participantes! Hai debuxos estupendos!

 

Aquí tedes o calendario definitivo do ano que vén realizado cos vosos debuxos e con todo o voso agarimo. Esperemos que vos guste e que cada vez que o vexades vos lembredes do colexio dunha maneira positiva.

Bo ano para todos. Lembrade que a vida é puro teatro!

Feliz ano 2015!!

Entre bambolinas

Publicado: 1 Decembro 2014 en Calendario
Etiquetas:

Aquí tedes unha presentación dos debuxos preseleccionados para o calendario 2015. Moitos parabéns para todos os que se presentaron e a todos os que contribuístes a crear o precios calendario do vendeiro ano.

6ºA Verónica Alonso Alonso

Xa temos aquí os debuxos preseleccionados para facer o Calendario 2015. Cales seran os elixidos? Todos están moi ben. Parabéns a todos polo traballo. Agora temos que agardar as votacións. Que tensión!!

 

P1020816

P1020814P1020813P1020812P1020811

P1020815