Arquivo para a categoría ‘A Voz da Mata’

Onte inaguramos a nosa radio A Voz da Mata e queremos que vexades os vídeos que proxectamos durante o acto de inauguración da nosa radio.

A través da seguinte montaxe, mostramos como é A Voz da Mata e o traballo feito durante todos estes meses.

Tamén aproveitamos para presentar a sintonía e o noso logo. A sintonía é unha creación propia, composta por Xosé Manuel Méndez, mestre de Música de Primaria. Traballaron duro, el e mais os rapaces, para que a súa peza estivera interpretada polo alummado do centro.
O logo é, como sabedes, unha creación de Sara e Leo, de 3º da ESO. O nome da radio foi idea de tres alumnas de 2º de Primaria: Noa, María e Milena.

E xa como peche, proxectamos unha pequena montaxe para achegarnos á figura da nosa convidada.

 Desde aquí, queremos reiterar o noso agradecemento a María, por agasallarnos coa súa presenza nesta inauguración.
Advertisements

Na xornada de onte, membros do club de lectura de Secundaria, do grupo de teatro e do voluntariado da biblioteca tiveron unha xornada de formación no uso da radio, impartida por Rede Espora.

A primeira parte consistiu nunha sesión conxunta na biblioteca onde aclararon conceptos radiofónicos, recibiron algún consello para o directo e practicaron a transmisión de mensaxes empregando a entoación axeitada.

 

A segunda parte foi máis práctica e técnica para a aprendizaxe  do funcionamento real do alumnado. Aprenderon como funciona a mesa de mezclas e todos os pasos a seguir antes, durante e despois da gravación do programa.

Fixerónse tres quendas e abordáronse distintas estruturas:

Programa Bookcluber, a través do modelo de entrevista.
Os primeiros en participar no laboratorio da radio foron os compañeiros/as do club de lectura de Secundaria. Elaboraron un programa de entrevistas onde recomendaban libros.

6549e5dd-2ee2-4d10-bbed-e3fb78335ac5.jpeg

Programa Radio Teatro, a través do modelo de dramatización
Doce alumnos/as do grupo de teatro “A Mata” interpretaron dúas escenas da obra que representarán ao final do curso. A obra ten como tema principal o proxecto de centro “ELLA” e se está a crear entre todos os integrantes do grupo de teatro.

d5e761e5-edcc-4045-a7a8-c21f6b1b19e4

Programa Potenciar a contorna, a través dun modelo informativo
Partindo da alfabetización documental e das competencias ALFIN/ AMI o alumnado de 6º de Primaria, que son axudantes da biblioteca, elaboraron un programa publicitario e informativo de O Rosal.

IMG_3052

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo:

E recordamos que para escoitar os programas de A Voz da Mata, tedes que entrar na plataforma IVOOX , tamén accedendo directamente dende a web do cole.