Que mellor xeito de empezar este curso que nomeando a Rosalía. Hai uns días a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío iniciou unha campaña para que a poeta galega lle dea nome ao astro HD 149143. Aquí tedes o artigo. Tod@s a votar para que a nosa escritora máis internacional triúnfe e o mundo enteiro conte con este agasallo.
Como xa sabedes este ano estreamos laboratorio de primaria. Temos a gran honra de que o vindeiro martes 16 de Xaneiro, ás 18:00h,Ángel Carracedo, virá inaguralo!
Como xurdiu esta charla-coloquio?
Quixemos pórlle un nome ao noso laboratorio e buscabamos un nome dun científic@ galeg@ para o mesmo. Decidimos que o noso laboratorio se chamaría Ángel Carracedo, e pensamos… Terá tempo de vir facernos unha visita? E non só e que veña a facernos unha visita, senón que estades todos convidados a unha charla coloquio que terá lugar no Auditorio de O Rosal ás 18:00h.
Neste acto participaran varios alumn@s do colexio, un representante das familias e un mestre desenvolverá o rol de moderador. Será moi interesante, xa que tanto a súa carreira profesional, como a súa reflexión sobre a escola actual é seguida por moita xente arredor do mundo.
Para quen non o coñeza aquí vos deixamos un vídeo del do programa “Ben Falado”.
Hoxe queremos recomendarvos un programa de radio que nos parece moi interesante: CIENCIA EN GALEGO!
Todos os domingos de 15:00 a 16:00 horas podedes escoitalo na Radio Galega. É un espazo de información científica accesible a todos os públicos, que conduce Manuel Vicente.
Hoxe, 4 de novembro é o Día da Ciencia en Galego. Dende o noso Colexio e desde o Equipo de Normalización queremos contribuír á difusión de que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda e divulgación científica e, polo tanto, tamén para o ensino das máis diversas disciplinas científicas.
Cada ano, Igaciencia (institución Galega de Ciencia) propón dous científicos, un galego e outro estranxeiro, aos que dedicarlle o Día da Ciencia en Galego. Se o pasado ano os investigadores homenaxeados pertencían ao campo da xeoloxía, nesta ocasión son precursores no campo da xenética. O científico estranxeiro é Gregor Mendel, creador desta disciplina, e o científico de ámbito galego é Cruz Gallástegui, responsábel da súa introdución en Galiza.