Arquivo para a categoría ‘a ciencia en galego. bichiños en galego’

 

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o martes 12 de novembro, tivo lugar no noso centro unha videoconferencia vía web, na que a investigadora Marilar Aleixandre, da Universidade de Santiago de Compostela achegounos á vida dos insectos, un proxecto científico que desenvolve na actualidade.

Marilar Aleixandre é Doutora en Bioloxía, catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio, catedrática de Didáctica das Ciencias na USC e autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética

Datos da actividade:

  • IMG_3309IMG_3308Título: Benqueridos insectos.
  • Sinopse: Benquerida abelliña, sen ti as maceiras non darían froito; benqueridos escaravellos, que volvedes á terra os restos do que foron seres vivos; e a cascarrubia que coida das roseiras, e a colonia das cen mil formigas falando cunha soa voz. Ás veces comémosvos, pois tamén comemos o que amamos.
  • Destinatarios/as: alumnado de 3º ciclo (5º e 6º) de Primaria.
  • Data e hora: martes 12 de novembro entre as 10:30 e as 11:30.

Aquí tedes a súa páxina web: http://www.marilar.org/