Arquivo para a categoría ‘25 de novembro. Violencia de xénero’

Como xa sabedes o centro ten como tema central de traballo para este curso A MULLER como protagonista, co título “ELLA /ela/”. Pero ademais estamos a participar nun proxecto titulado VIOLENCIA ZERO, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, e co asesoramento da profesora de Belas Artes , Mar Caldas. A última semana do trimestre pasado, foi presentado no auditorio do Rosal ao alumnado de Secundaria.

 

 

En ambos proxectos desexamos dar protagonismo ás mulleres da zona (ou doutras máis afastadas), facer visible o traballo de tantas e tantas científicas, artistas, historiadoras, mestras como houbo ao longo de todas as épocas. As nosas aulas contarán con murais dos rostros de moitas delas, e pasarán a chamarse como as mulleres elexidas para cada caso. E tamén desexamos facer visible, e darlle importancia ás vidas de mulleres da vida cotiá, a mulleres traballadoras, a mulleres que axudan a outras mulleres, a mulleres que levantan o país día a día co seu esforzo e adicación, que teñen postos de responsabilidade ou ben levan vidas máis discretas.

Agora queremos dar un paso máis neste gran proxecto a través da vosa colaboración (mediante audios, vídeos, escritos…) e así poidamos coñecer e dar visibilidade a todas estas mulleres.

A continuación mostrámosvos a primeira entrevista realizada.
A protagonista é Doralia Blanco de San Miguel de Tabagón.

 

 

Dende o concello de O Rosal, promoveron un concurso de Haikus, para conmemorar o día da violencia de xénero que se celebra o próximo 25 de Novembro.
Os Haikus, son textos poéticos da cultura xaponesa, que polo xeral expresan algo da vida cotiá. Son tres versos nos que o primeiro ten que ser de 5 sílabas, o segundo de 7 e o terceiro de 5, e algunha norma máis hai que seguir para contabilizar ás sílabas.
Dende o noso centro promovimos a participación do noso alumnado e aquí vos deixamos as fermosuras que participaron no concurso e os ganadores. Noraboa a tod@s!

 

Aquí vos deixamos o vídeo dunhas mozas de 3º de ESO que se chaman Máis boas cás patacas. Con este vídeo gañaron o premio da 2ª Edición do Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña.
Parabéns a estas mozas que loitan polos dereitos das mulleres desde unha ferramenta tan fermosa coma a música e a palabra.

Hoxe, 25 de novembro quixemos achegar o noso gran de area para combater a violencia de xénero. Para iso realizamos unha exposición con libros que temos na nosa Biblioteca para así poder concienciar a comunidade educativa desta lacra tan presente na nosa sociedade.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

 

image