Arquivo para a categoría ‘17 de maio’

A autora que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2018 é María Victoria Moreno. Escritora nacida circunstancialmente en Cáceres, pero que afirmaba ser galega xa que foi a terra onde viviu a maior parte do seu tempo.

Sobre todo a terra e a lingua coa que se identificaba.
Exposición sobre María Victoria Moreno na entrada do centro

A autora de Anagnórise decidiu defender e reivindicar a lingua galega, ata o punto de dar clases clandestinas da nosa lingua durante a ditadura.

Na entrada do centro estivo durante toda a semana unha exposición bibliográfica da escritora e, ademais, todo aquel que quixera podía deixar plasmado nas fiestras da biblioteca e corredores, manifestacións poéticas en lingua galega.

 

Ola a tod@s!

Xa sabedes que a semana pasada fixemos un obradoiro de camisetas no que participastes moitos e moitas de vós.

Aquí vos deixamos un vídeo co estupendo resultado. Parabéns polas vosas camisetas. Sodes uns artistazos!!!!

A música é un tema de Roi Casal, titulado “Maxicamente vello” baseado no poema de Manuel MaríaA fala” incluído en As rúas do vento ceibe (1979):

Gustaríanos que colaboredes con nós para elixir o lema máis orixinal, polo que vos pedimos que cubrades esta enquisa. Tedes unha semana para dicir cales son os 3 lemas que máis vos gustan!! Ánimo e a participar!!!!

Como xa sabedes, o vindeiro ano o Día das Letras Galegas estará adicado ao gran poeta da Terra Cha, Manuel María. Con ese motivo, convidámosvos a participar nos “Soños na gaiola”, un espazo no que poderedes colocar os vosos desexos para o galego. O vindeiro ano debe estar cheo de mensaxes positivas e boas vibracións para a nosa lingua.

Tedes unha gaiola na entrada do cole para que a enchades de reflexións, sentimentos, mensaxes, coplas, poemiñas… todo o que se vos ocorra para animar o galego, dotalo de boa saúde e empuxalo cunha mensaxe de esperanza para os tempos que veñen. O voso apoio é moi importante para que se cumpra  o noso soño e o de Manuel María: un galego con futuro.

DSC_0009DSC_0005

DSC_0007

Achégase o 17 de maio, Día das Letras Galegas e dende o Recuncho da Mata queremos sumarnos á festividade co vídeo “Presume de Galego“.

Todos e todas sabedes que a nosa lingua está en moi baixa forma. Temos que axudar a que non siga caendo nos seus usos e para iso convidámosvos a que lle botedes un ollo e a que o difundades pola rede. Porque a nosa lingua ben merece un gran sorriso.

Mil primaveras máis para o galego!!!!