Quen somos
Somos a voz da Mata e queremos que a nosa lingua flúa polo noso Centro. Que a uses con normalidade cando cantes, cando berres, cando penses, cando estudes, cando ligues… para que se cole por todos os nosos recantos.
Estamos abertos a todas as iniciativas e actividades que propoñas para darlle vida á lingua: música, vídeos, coreografías, historias…
Como dixo Castelao: Se aínda somos galegos, é por obra e gracia do idioma” porque o galego paga a pena!!
comentarios
Enviamos unha información dunha convocatoria que pode ser do voso interese:
CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA CENTROS DE ENSINO
Convoca: Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela
Obxectivos: contribuír a que se creen e difundan traballos audiovisuais para impulsar a normalización da lingua.
Destinatarios: centros escolares de toda Galicia.
Características dos vídeos:
– realizados durante este curso
– en soporte dixital
– cunha duración máxima de 10 minutos
– en calquera formato
– con calquera xénero, focaxe
– cunha temática en torno á promoción do uso da lingua galega
Procedemento para participar:
Presentar unha copia do audiovisual xunto coa ficha de inscrición no Rexistro do Concello de Santiago de Compostela e, paralelamente, envialas por correo electrónico ao Departamento de Lingua Galega (dlg@santiagodecompostela.org).
Prazo: ata o 2 de maio.
Categorías e premios:
– Infantil: 400 euros
– Primaria: 400 euros
– Secundaria obrigatoria: 400 euros
– Secundaria postobrigatoria: 400 euros
– Premio do público: 400 euros
Información en:
http://www.santiagodecompostela.org/lingua
http://www.facebook.com/events/676060832457099/