Aquí tedes o arquifamoso Brais das Hortas cantando o seu terrorífico trap da Santa Compaña. A beillar e ghozar con el. Ollo co que andades a facer!!!
Arquivo para Outubro, 2020
Trap da Santa Compaña
Publicado: 29 Outubro 2020 en Sen categoriaEtiquetas:A santa compaña, Brais das Hortas
Queredes saber por onde andan os vosos apelidos? Queredes ver onte tedes parentes? Aquí tedes unha páxina onde podedes fozar e experimentar. Quen sabe? Quizais podedes atopar algo interesante. Premede aquí e atoparedes a resposta.

Parabéns!!!
Publicado: 27 Outubro 2020 en Sen categoriaEtiquetas:cinema en curso, o borboriñar das insuas, O noso cine
Hoxe enterámonos de que a curta O borboriñar das ínsuas, que fora seleccionada para participar no Dubrovnik Film Festival, gañou o Premio ao mellor documental do Festival. Parabéns a tod@s @s participantes deste proxecto que tantas alegrías nos deu no momento de realizala, e que segue a darnos momentos marabillosos!!

Aquí tedes a páxina onde podedes ver a boa nova
Rosalía vai á moda!!
Publicado: 22 Outubro 2020 en Sen categoriaEtiquetas:estrela rosalía, rosalía vai á moda
Estamos de parabéns. A proposta que fixo a Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, de nomear unha estrela como Rosalía de Castro foi a máis votada, dentro da convocatoria realizada pola IAU no seu centenario.
A estrela asignada a España, até aquel momento chamada HD149143, na constelación de Ofiúco, o Serpentario, leva desde entón como nome “Rosalía de Castro”. O único exoplaneta descuberto nela polo momento chámase “Río Sar”.

Aquí tedes o enlace a esta boa nova. Parabéns!!!!
Aquí vos deixo esta marabillosa achegha desta moza que vai conseguir, agora si, as 1000 primaveras máis de Cunqueiro. Obrigada por compartir @nelvidalbarral
O borboriñar das insuas
Publicado: 21 Outubro 2020 en Sen categoriaEtiquetas:as nosas curtas, cinema en curso, o borboriñar das insuas
Temos boas novas!!!

O borboriñar das insuas, filme realizado durante o curso 2018-2019 por alumnado do noso centro foi seleccionado no Dubrovnik Film Festival (DUFF).
A curta pertence ao proxecto Cinema en Curso, da asociación A Bao A Qu e está coordinado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) en Galicia.
Parabéns ao alumnado e ao profesorado implicado en dito proxecto!!!
Instrucións para o calendario
Publicado: 19 Outubro 2020 en Sen categoriaEtiquetas:-21, calendario 2020, os nosos poetas
Aquí tedes a información para facer o calendario deste ano, que ten como protagonistas @s nos@s poetas. O primeiro documento son as bases para elaboralo e o 2º documento son os poetas elixidos nas diferentes aulas. Ánimo e a facer un calendario ben chulo!!
Aquí tedes unhas fotos dos poetas elixidos.
Desde O Recuncho da Mata dámosvos a benvida a este novo curso tan “estraño”. Malia as dificultades estamos aquí para axudarvos en todo o que precisedes e, como non, a seguir traballando a prol da lingua. Comezamos cun aperitivo moi xeitoso. Aquí tedes unha entrevista á nosa cantareira máis internacional Sés. Esperamos que vos guste e que aprendades moito coas súas sabias palabras. Non ten desperdicio.
Sés, cantareira de oficio