Mañá, 21 de xuño, representaremos a obra de teatro titulada “Elas”. Creada e interpretada polo grupo de teatro da Mata, composto por alumnado de secundaria. Haberá tres pases, un para primaria, outro para secundaria e un terceiro pola tarde ás 20:00h no auditorio de O Rosal ao que estades todos convidados esperamos que vos guste tanto como a nós facela!
Onte inaguramos a nosa radio A Voz da Mata e queremos que vexades os vídeos que proxectamos durante o acto de inauguración da nosa radio.
A través da seguinte montaxe, mostramos como é A Voz da Mata e o traballo feito durante todos estes meses.
Tamén aproveitamos para presentar a sintonía e o noso logo. A sintonía é unha creación propia, composta por Xosé Manuel Méndez, mestre de Música de Primaria. Traballaron duro, el e mais os rapaces, para que a súa peza estivera interpretada polo alummado do centro.
O logo é, como sabedes, unha creación de Sara e Leo, de 3º da ESO. O nome da radio foi idea de tres alumnas de 2º de Primaria: Noa, María e Milena.
E xa como peche, proxectamos unha pequena montaxe para achegarnos á figura da nosa convidada.
Continuando coa antividade inciada polo día da lingua materna temos máis posters creados pola mestra Helena Vidal, que reivindican o uso da nosa lingua. Aquí os tedes!
sta mañá tivemos a visita do Caruncho e Pinto de Herbón, dous regueifeiros que pretenden impedir que estas disputas dialécticas en verso queden en desuso.
Despois da primeira quenda de obradoiros, Caruncho e Pinto foron entrevistados na radio por tres voluntarios da biblioteca.
Á volta, seguiron ensinando a improvisar en verso. Nesta ocasión aos nenos e nenas de 5º.