Arquivo para Maio, 2018

A autora que se homenaxea no Día das Letras Galegas 2018 é María Victoria Moreno. Escritora nacida circunstancialmente en Cáceres, pero que afirmaba ser galega xa que foi a terra onde viviu a maior parte do seu tempo.

Sobre todo a terra e a lingua coa que se identificaba.
Exposición sobre María Victoria Moreno na entrada do centro

A autora de Anagnórise decidiu defender e reivindicar a lingua galega, ata o punto de dar clases clandestinas da nosa lingua durante a ditadura.

Na entrada do centro estivo durante toda a semana unha exposición bibliográfica da escritora e, ademais, todo aquel que quixera podía deixar plasmado nas fiestras da biblioteca e corredores, manifestacións poéticas en lingua galega.

 

Correlingua 2018

Publicado: 12 Maio 2018 en Sen categoria

Onte pasamolo xenial en Tomiño co alumnado de 2º, 3º e 4º do noso centro. Aqui un pequeno vídeo para o recordo.

 

 

O longo deste trimestre alumnado axudantes da biblioteca de 5º e 6º de Primaria visitaron a escola de Pías (CRA María Zambrano) para contarlles un conto aos nenos e nenas. Ademais déronlles, ao rematar, un pequeno agasallo tanto aos mestres como ao alumnado.

Tamén acudiron o alumnado de 3º de primaria a contar distintos contos como os que vos deixamos a continuación.