O mes de abril chega moi colorido con dúas grandes artistas da pintura: Frida Kahlo e Maruja Mallo.
Frida é unha artista mexicana coñecida polas súas cores vivas e por ter unha vida marcada polo sufrimento.
Maruja, grande artista galega, caída no esquecemento polo exilio e polo escaso recoñecemento das mulleres naquela época. Muller cunha vida abraiante e moi activa no movemento da Xeración do 27.
Ollade os vídeos e coñecede máis sobre elas.